[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

A Ciadella, Sobrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Curtis (homónimos).
A Ciadella
Igrexa de Santa María da Ciadella.
ConcelloSobrado[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°04′59″N 8°02′36″O / 43.08305556, -8.04333333
Área7,50 km²
Poboación58 hab. (2019)
Densidade7,73 hab./km²
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María da Ciadella, antigamente Santa María da Ciadella de Curtis (en latín: sanctae Mariae Cidadelie de Curtis),[2] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sobrado. Está situada entre as dúas actuais parroquias de Curtis: Curtis, pertencente ó concello de Curtis, e San Vicenzo de Curtis, pertencente ó de Vilasantar. Segundo o IGE en 2009 tiña 83 habitantes (43 mulleres e 40 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 94 habitantes.

Por outra banda, a parroquia eclesiástica da Ciadella está integrada na de Armental (Vilasantar) do arciprestado de Sobrado, xa que foi suprimida en 1867.

A Ciadella (Ciudadela) no Catastro de Ensenada (1752).
A Ciadella (Ciudadela) no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1847).[3]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo A Ciadella provén de Cidadelie, isto é, unha ‘cidadela’ ou ‘cidade pequena’.[4] Mais tamén antigamente facíase referencia á Ciadella coma Cidadelie de Curtis.[2] Estoutro topónimo Curtis procedería, con seguranza, de cohortis, ou sexa, da lexión que había no campamento romano da Ciadella.[5][6] Outra teoría máis improbábel é que procedese do oficio de curtidor de peles, presente antigamente por todo o territorio de Curtis.[7][8] Adicionalmente, existen outras dúas parroquias con igual topónimo curtense e que se achan contiguas á Ciadella: Curtis e San Vicenzo de Curtis.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia da Ciadella ten unha superficie de 7,50 km²[9] pola que se espallan 12 núcleos de poboación.[10]

Situación

[editar | editar a fonte]

Está situada no noroeste do concello de Sobrado, entre as parroquias de Curtis (do concello homónimo) e San Vicenzo de Curtis (do concello de Vilasantar), limitando ó norte e leste coa primeira e ó oeste coa segunda e converxendo as tres no monte Enxameado[11]. Confina tamén, de sueste a sur, coas parroquias de Foxado (Curtis), Grixalba, Cumbraos e Vilariño (Vilasantar).

As tres parroquias de Curtis: Santaia de Curtis, A Ciadella (antiga Ciadella de Curtis) e San Vicenzo de Curtis.
As tres parroquias de Curtis: Santaia de Curtis, A Ciadella (antiga Ciadella de Curtis) e San Vicenzo de Curtis.
Noroeste: Curtis Norte: Curtis Nordeste: Curtis
Oeste: San Vicenzo de Curtis Rosa dos Ventos Leste: Curtis
Suroeste: San Vicenzo de Curtis Sur: Vilariño (Vilasantar) e Cumbraos Sueste: Foxado (Curtis) e Grixalba
Campamento romano da Ciadella.

Na antigüidade, as actuais terras da parroquia da Ciadella ―xunto coas de Curtis e de San Vicenzo de Curtis― formarían parte do Territorium Cohortis, isto é, o territorio xestionado directamente pola Cohors I Celtiberorum asentada no campamento romano da Ciadella.[6][12] Segundo algúns autores, sería neste campamento onde estaría situada a mansión Brigantium da calzada romana do Itinerario de Antonino denominada vía XX ou per loca maritima.[13][14] A configuración desta terra ou territorio de Curtis perduraría na Alta Idade Media.[12]

Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente por García Cuesta, arcebispo de Santiago de Compostela, suprimiuse a parroquia eclesiástica da Ciadella, sendo agregada á de Armental e pasando a igrexa parroquial á da Laxe.[15][16]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Século XVIII

[editar | editar a fonte]
1752[17] 1768[18] 1787[19]
Veciños Habitantes
33 134 125

Século XIX

[editar | editar a fonte]
1826[20] 1831[21] 1836[22] 1845[3] 1857[23] 1860[24] 1887[25] 1900[26]
Veciños 41 31 40 22 22
Habitantes 166 203 166 179 225 109 245 249

     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX

[editar | editar a fonte]
1910[26] 1920[26] 1930[26] 1940[26] 1950[26] 1960[26] 1970[26] 1981[26] 1986[27] 1991[26] 1999[28] 2000[29]
Habitantes 242 236 278 301 326 252 192 129 118 104 94 91

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI

[editar | editar a fonte]
2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
89 90 89 87 89 89 84 85 83 78
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
73 73 73 69 67 63 62
Fonte: IGE (padrón municipal)[30]
Gráfica de evolución demográfica da Ciadella entre 1887 e 2017
     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Camiño de Santiago

[editar | editar a fonte]
Cruceiro da Corda.

A Ciadella é unha parroquia pola que pasa o Camiño de Santiago, máis especificamente unha das variantes do Camiño do Norte ou Ruta da Costa.[31]

O Camiño, após gallar no lugar de Toar en San Breixo de Parga (Guitiriz),[32] chega á Ciadella polas Cruces tras pasar polas parroquias guitiricenses de Parga, Vilar e As Negradas e polas sobradesas de Grixalba e Cumbraos. Unha vez na Ciadella, no monte da Corda, diríxese por Vilariño (Vilasantar) cara a Boimil (Boimorto), onde se une coa outra variante procedente de Toar que pasa por Sobrado.[31][33]

Antigamente no monte da Corda existía un hospital de peregrinos xunto a unha capela baixo a advocación de San Roque. Esta capela foi trasladada primeiro ó inmediato lugar da Torre e despois, contra 1990 e polo párroco de Cumbraos, ás Cruces. No entanto, aínda se conserva un cruceiro denominado Cruceiro da Corda. Por outra banda, un dos obxectivos dos peregrinos de antano que empregaban esta ruta era visitar o santuario de San Pedro de Mezonzo.[34]

Adicionalmente, existe outra variante proposta e sinalizada polo concello de Curtis, a cal procede de Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz) e atravesa o municipio curtense pasando por Paradela, O Castelo, Gorxá, Recareo, Santaia e A Penencia antes de chegar á Ciadella. Prosegue cara a Sobrado onde tamén entronca coa que vén de Toar.[35] Alén desta variante, un ancestral camiño conectaba A Ciadella con Gorxá polo monte da Corda. O feito de se distribuíren mámoas á beira de todo o seu percorrido, denota unha grande antigüidade.[36]



Localidade anterior:
As Cruces, Sobrado
a 0,5 km
  Camiño de Santiago (Camiño do Norte)  
A Ciadella
(543 msnm)
62.47 km á Catedral de Santiago de Compostela

Seguinte localidade:
Días, Vilariño, Vilasantar
→ a 1,1 km

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Sobrado.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da Ciadella

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Ciadella no concello de Sobrado (A Coruña)

A Aldea do Medio | A Cal | A Capela | Castrelo | As Gándaras | A Igrexa | Insua | Liorfe | Martín | Ribas | Sandá | Sante

Parroquias de Sobrado

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Sobrado

Carelle (San Lourenzo) | A Ciadella (Santa María) | Codesoso (San Miguel) | Cumbraos (San Xiao) | Folgoso (Santa Cristina) | Grixalba (San Xiao) | Nogueira (San Xurxo) | A Porta (San Pedro) | Pousada (San Mamede) | Roade (Santo André)

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. 2,0 2,1 Tombo de Sobrado, folios 56r-58r (c. 995), en Flórez, Henrique (1765). España Sagrada (en latín) 19. Madrid. p. 386. Ecclesiæ Sanctæ Mariæ Cidadelie de Curtis 
  3. 3,0 3,1 Madoz, Pascual (1847). Ciudadela (Sta. Maria de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VI (Madrid). p. 471. 
  4. Costa García, José Manuel (2013). "Las primeras intervenciones arqueológicas en A Cidadela (Sobrado dos Monxes, A Coruña)" (PDF). Gallaecia (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (32): 110. ISSN 0211-8653. 
  5. Rodríguez Colmenero, Antonio; Ferrer Sierra, Santiago; Álvarez Asorey, Rubén D. (2004). Miliarios e outras inscricións viarias romanas do noroeste hispánico (conventos bracarense, lucense e asturicense) (PDF). Gran Formato. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 725. ISBN 84-95415-87-9. 
  6. 6,0 6,1 Costa García, Rodríguez Álvarez & Varela Gómez 2011, p. 459.
  7. Vázquez Rouco, Sergio (2002). Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo. Coto - Monasterio - Parroquia (en castelán). Teixeiro. pp. 23–27. 
  8. "Historia". Concello de Curtis. Consultado o 5.5.2019. 
  9. Plan Xeral de Ordenación Municipal [PXOM] de Sobrado (PDF) (Informe). Concello de Sobrado. 2009. p. 13. 
  10. "Nomenclátor de Galicia: A Ciadella (Santa María)". Xunta de Galicia. Consultado o 9.2.2019. 
  11. Enxameado. Enciclopedia Galega Universal. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2018. 
  12. 12,0 12,1 Costa García & Varela Gómez 2011, pp. 188-189.
  13. Vázquez Gómez, Xoán Luis (1991). "La Coruña en época romana". Ciudad y Torre. Roma y la ilustración en La Coruña (en castelán). p. 39. 
  14. Franco Maside, Rosa María (2000). "Rutas naturais e vías romanas na provincia de A Coruña" (PDF). Gallaecia (Universidade de Santiago de Compostela) (19): 164. ISSN 0211-8653. 
  15. "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. pp. 127–128, 141. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 05 de decembro de 2018. 
  16. "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 3.12.2018. 
  17. Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 137. ISBN 978-84-260-2716-0. 
  18. Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 148. ISBN 978-84-260-3760-2. 
  19. Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. p. 3846. ISBN 978-84-260-1970-7. 
  20. Miñano, Sebastián (1826). Ciudadela (Santa Maria de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) III (Madrid). p. 118. 
  21. Ciudadela (Santa Maria de). Diccionario geográfico universal (en castelán) II (Barcelona). 1831. p. 941. 
  22. Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 142. ISBN 978-84-87819-06-3. 
  23. Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 249. 
  24. Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 16–17. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018. 
  25. "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 140. 
  26. 26,00 26,01 26,02 26,03 26,04 26,05 26,06 26,07 26,08 26,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 112. ISBN 978-84-605-3156-2. 
  27. Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 48. ISBN 978-84-7191-529-0. 
  28. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  29. "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018. 
  30. Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2003" (XLS) ; "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2006" (XLS) ; "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 ; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018  e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 . Instituto Galego de Estatística (IGE).
  31. 31,0 31,1 "Concello de Sobrado. Planos" (PDF). Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao Camiño Norte - Ruta da Costa (Informe). Xunta de Galicia. 2014. p. 5. Consultado o 6.4.2019. 
  32. "Concello de Guitiriz. Planos" (PDF). Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao Camiño Norte - Ruta da Costa (Informe). Xunta de Galicia. 2014. p. 7. Consultado o 6.4.2019. 
  33. "Concello de Sobrado" (PDF). Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao Camiño Norte - Ruta da Costa (Informe). Xunta de Galicia. 2014. p. 4. Consultado o 6.4.2019. 
  34. Fidalgo Santamariña, Xosé Antón (2012). "Dos camiños parroquiais aos camiños especiais: as rutas de peregrinación ao seu paso por San Xulián de Grixalba (Sobrado dos Monxes)". IV Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. Os camiños de Santiago: Miradas e experiencias (PDF). Deputación de Ourense. p. 80. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2019. Consultado o 13 de abril de 2019. 
  35. Concello de Curtis. O Camiño de Santiago polas terras do concello de Curtis (panel informativo). Paradela. Consultado o 6.4.2019. 
  36. Franco Maside, Rosa María (2001). "La vía per loca maritima: Un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia" (PDF). Gallaecia (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (20): 238. ISSN 0211-8653. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]