AZ Alkmaar
AZ | |||
---|---|---|---|
Nome | Alkmaar Zaanstreek | ||
Fundación | 10 de maio de 1967 | ||
Estadio | AFAS Stadion, Alkmaar, Países Baixos | ||
Inauguración | 4 de agosto de 2006 | ||
Capacidade | 17 023 | ||
Presidente | René Neelissen | ||
Adestrador | Dick Advocaat | ||
Liga | Eredivisie | ||
2021-22 | 5º | ||
Vestimenta | Macron | ||
Na rede | |||
http://www.az.nl/ | |||
| |||
O AZ Alkmaar, que ten por nome oficial Alkmaar Zaanstreek, é un club de fútbol da cidade de Alkmaar, en Holanda Setentrional, nos Países Baixos. Foi fundado o 10 de maio de 1967 logo da fusión dos clubs Alkmaar '54 e FC Zaanstreek.
O club participa na Eredivisie, torneo do que foi campión nas tempadas 1980-81 e 2008-09. Ademais, gañou a Copa dos Países Baixos en tres ocasións e foi finalista da Copa da UEFA na tempada 1980-81.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta vermella con mangas brancas, pantalón branco e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
- Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: AFAS Stadion.
O AZ Alkmaar xoga os seus partidos como local no AFAS Stadion, propiedade do club, situado na parte sur da cidade de Alkmaar e que conta cunha capacidade para 17 000 espectadores. Foi inaugurado o 4 de agosto do 2006 como DSB Stadion, levando o nome do banco fundado por Dirk Scheringa, o DSB Bank, que era ademais o auspiciador do club. Tras a quebra do banco no 2009 o club foi obrigado a cambiar o nome do estadio.
Antes do 2006 o club utilizaba o Alkmaarderhout, estadio con capacidade para 8 400 asistentes e que foi construído en 1948.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en Eredivisie: 33
- Temporadas en Eerste Divisie: 11
- Maior goleada conseguida:
- En torneos nacionais: 8-0 ao Heracles Almelo en 1997 (en Eerste divisie).
- En Eredivisie: 9-2 ao FC Amsterdam en 1977.
- En torneos internacionais: 11-1 ao Red Boys Differdange (na Copa da UEFA 1978-79).
- Maior goleada encaixada:
- En torneos nacionais: 8-0 do Feyenoord Rotterdam en 1987.
- En torneos internacionais: 4-1 do Werder Bremen (Copa da UEFA 2006-07), Arsenal FC (Liga de Campións 2009-10) e FC BATE (UEFA Europa League 2010-11).
- Mellor posto en Primeira: 1º (1980-81 e 2008-09).
- Peor posto en Primeira: 18 (1996-1997).
- Participacións internacionais
- 2 na Liga de Campións
- 6 na Copa da UEFA
- 2 na Recopa de Europa
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Eredivisie (2): 1980-81, 2008-09.[1]
- Eerste Divisie (2): 1995-96, 1997-98.
- Copa dos Países Baixos (3): 1978, 1981, 1982.
- Supercopa dos Países Baixos (1): 2009.
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Torneo Amsterdam (3): 1977, 1979, 1982.
- Torneo Brugse Metten (1): 1978.
- Trofeo Costa Brava (1): 1979.
- Trofeo Villa de Gijón (1): 1980.
- Copa ETL-Dom (1): 2010.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ worldfootball.net. "AZ Alkmaar .:. Profile" (en inglés). Consultado o 29 de setembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AZ Alkmaar |