[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

ATP Recordings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ATP Recordings
Tiposelo discográfico
Data de fundación1999
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
http://www.atprecordings.com
editar datos en Wikidata ]

ATP Recordings é un selo discográfico fundado en 2001 polo promotor de concertos londiniense Barry Hogan de Foundation/All Tomorrow's Parties. Orixinalmente creouse para realizar un CD recompilatorio (ATPRCD01) despois de que Tortoise fose o comisario do evento All Tomorrow's Parties. En primeiro lugar, a todos os que asistiron ao festival entregouselles un sampler promocional de edición limitada (PROATPFCD01), cuxo embalaxe facíase eco do estilo de Peter Saville de Factory Records. A recompilación completa seguiulle máis adiante, e de feito outros festivais de ATP tamén terían as súas compilacións, o último deles o Nightmare Before Christmas de 2006, para o cal o selo e a revista Plan B Magazine nun CD gratuíto para os asistentes.

O selo finalmente pasou de realizar recompilatorios do festival a asinar con bandas como Threnody Ensemble, Bardo Pond, The Magic Band, Jackie-O Motherfucker, Deerhoof e White Out (con Jim O'Rourke). Nos últimos anos ATP Recordings medrou e agora tamén ten no seu catálogo a Apse, Alexander Tucker, Death Vessel, The Drones, Fuck Buttons, Fursaxa, The Scientists, Sleepy Sun, Built To Spill e Autolux.

Máis recentemente, cara finais do ano 2007, anunciaron plans de publicar unha nova serie de sinxelos dobre de 7" chamada Custom Made, onde os artistas poderían elixir catro cancións: unha algo antiga, unha nova, unha versión e outra a súa elección. Os priemiros artistas en lanzar os seus sinxelos con este formato foron The Drones, Alexander Tucker and Deerhoof.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]