AD Flying Boat
AD Flying Boat | |
---|---|
Tipo | hidroavión de patrulla/transporte civil |
Fabricante | Pemberton-Billing Ltd. (posteriormente Supermarine) |
Deseñado por | Linton Hope |
Primeiro voo | 1916 |
Principais usuarios | Royal Navy |
Unidades construídas | 27 |
O AD Flying Boat foi un avión deseñado polo Departamento de Aire do Almirantado Británico para servir como avión de patrulla que puidese operar en conxunto cos buques de guerra da Royal Navy. Destinado para o seu uso durante a primeira guerra mundial, a produción do avión rematou ao final do conflito, vendo moi pouco uso operacional. Varios foron remercados tras a guerra por Supermarine Aviation e reconstruídos como transportes civís, converténdose no Supermarine Channel.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Deseñado en 1915 polo deseñador de iates británico Linton Hope,[1] o avión tiña unha configuración de hidroavión biplano convencional, e tamén contaba cunha cola biplana con dous temóns. O piloto e o observador sentábanse en tandem no morro, co motor e a hélice "pusher" detrás deles, entre as ás. As ás podían plegarse cara a adiante para facilitar a estiba a bordo.
Pemberton-Billing Ltd (posteriormente Supermarine Aviation Works) fabricou dous prototipos en 1916.[1] O primeiro deles debería ter levado un motor de 150 hp (112 kW) Sunbeam Nubian, pero, como non estaba listo para usar, foi substituído por un Hispano-Suiza 8 de 200 cabalos (150 kW).[2] O avión tivo un mal rendemento tanto no auga como no aire, mostrando vibracións graves en proa e popa durante a engalaxe e unha guiñada excesiva durante o voo. Despois de solucionar eses problemas ao producir versións revisadas do casco, da cola e do temón, o AD Flying Boat foi capaz de entrar en produción.[3][4] Pedíronse un total de 80 aparellos e chegaron a construírse 27.[5] Algúns deles probáronse con motores Sunbeam Arab e Wolseley Python.[4]
Supermarine Channel
[editar | editar a fonte]Tras o Armisticio, Supermarine mercou 19 dos AD Flying Boats para modificalos para o mercado civil como o Supermarine Channel. O Channel I estaba impulsado por un motor de 160 cabalos (120 kW) Beardmore 160 hp, e o Channel II tiña un Armstrong Siddeley Puma de 240 cabalos (180 kW). Os hidroavións reconfigurados tiñan aloxamento para un piloto e tres pasaxeiros en tres cabinas abertas.
Operadores
[editar | editar a fonte]Operadores militares
[editar | editar a fonte]- Forza Aérea de Chile - un avión.
- Armada de Chile - mercou un Channel cun casco modificado (semellante ao do Supermarine Seal II) en 1922.[6]
- Mariña Imperial Xaponesa - mercou tres Channels.[6]
- Servizo Aéreo da Mariña Real Noruega - mercou catro Channels con motores Beardmore en 1920, adquirindo un avión ex-civil máis. Un estivo en servizo ata 1928.[7]
- Mariña Real Sueca - mercou un único Channel en 1921 que quedou destruído durante unha proba.[6]
- Royal Navy
- Royal Naval Air Service - operou o AD Flying Boat.
Operadores civís
[editar | editar a fonte]- Det Norske Luftfartsrederi - Channel Mk I[8]
Especificacións (AD Flying Boat)
[editar | editar a fonte]Datos de British Aeroplanes 1914-18[9]
Características xerais
[editar | editar a fonte]- Tripulación: dous, piloto e observador
- Lonxitude: 9.32 m
- Envergadura superior: 15,34 m
- Envergadura inferior: 11,462 m
- Altura: 3,99 m
- Superficie alar: 44,5 m2
- Peso baleiro: 1 138 kg
- Peso bruto: 1 618 kg
- Planta de potencia: 1 motor V8 refrixerado por auga Hispano-Suiza 8 de 200 hp (150 kW)
Rendemento
[editar | editar a fonte]- Velocidade máxima: 160 km/h a 610 m
- Autonomía: 41⁄2 hr
- Teito de servizo: 3 400 m
- Tempo a altitude: 30 min to 10,000 ft (3,050 m)
Armamento
[editar | editar a fonte]- Armas: 1 metralladora Lewis de 7,7 mm nun soporte flexible para o observador
- Bombas: pequena carga de bombas
Notas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Andrews, Charles Ferdinand; Morgan, Eric B. (1981). Supermarine Aircraft since 1914. Londres: Putnam. ISBN 978-03701-0-018-0.
- Bruce, J. M. (1957). British Aeroplanes 1914–18. London: Putnam. ISBN 978-03700-0-038-1.
- London, Peter (2003). British Flying Boats. Stroud, UK: Sutton Publishing. ISBN 978-0-7509-2695-9.
- Nerdrum, Johan (1986). Fugl Fønix: En beretning om Det Norske Luftfartselskap (en Norwegian). Oslo: Gyldendal Norsk Forlag. ISBN 82-05-16663-3.