.htaccess
Aparencia
Un ficheiro .htaccess (hypertext access), tamén coñecido como arquivo de configuración distribuída, é un ficheiro especial, popularizado polo Servidor HTTP Apache que permite definir diferentes directivas de configuración para cada directorio (cos seus respectivos subdirectorios) sen necesidade de editar o arquivo de configuración principal de Apache.
Formato
[editar | editar a fonte]Por razóns históricas, o formato de .htaccess é o mesmo que o ficheiro de configuración global de Apache, mesmo noutros servidores web como Sun Java System Web Server e Zeus Web Server, que contan con ficheiros de configuración globais moi diferentes.
Usos frecuentes
[editar | editar a fonte]O ficheiro .htaccess ofrece un universo de posibilidades, detallamos a continuación os usos máis frecuentes.
- Autorización, Autenticación
- Os ficheiros .htaccess son usados frecuentemente para especificar restricións de seguridade para un directorio en particular, de aquí o sufixo "access". O ficheiro .htaccess acompáñase frecuentemente doutro ficheiro .htpasswd que garda usuarios válidos e os seus contrasinais.[1]
- Creación de URLs Amigables (semánticas)
- Os servidores adoitan usar o .htaccess para reescribir URLs longas e complexas, noutras máis simples e facilmente recordables.
- Restrinxir o acceso
- Permite bloquear (usando allow/deny) usuarios pola súa dirección IP e/ou dominio e ISPs. Tamén permite bloquear bots e rabuñas web.
- Listaxe de directorio
- Controlar o comportamento por defecto do servidor cando non se especifíca ningunha páxina web.
- Crear redireccións estáticas
- Respostas de erro personalizadas
- Cambiar a páxina que se mostra cando un erro da parte do servidor ocorre, por exemplo: HTTP 404 Not Found.
- CONSENTIR types
- Controlar como o servidor manexa diferentes tipos de arquivos.
- Control de Caché
- Os ficheiros .htaccess permiten a un servidor controlar a caching por medio dos navegadores web e proxies para reducir o uso do ancho de banda, a carga do servidor, e o lag percibido.
- Evitar hotlink
- Forzar Dominio sen WWW
- Evitar envíos de paquetes PING
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Apache Tutorial: Password Formats". Consultado o 02-03-2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Htaccess na Guía Oficial de Apache httpd 2.2 (en inglés).
- Htaccess na Guía Oficial de Apache httpd 1.3Arquivado 18 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en inglés).