[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

.357 Magnum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dos cartuchos diferentes do calibre .357 Magnum. Á esquerda a versión JSP (punta suave ou branda), e á dereita a versión JHP (punta oca)

O .357 Magnum é un calibre para revólver, creado pola empresa de armas Smith&Wesson en 1934 e baseado nun anterior, o .38 Special. Desde a súa creación difundiuse amplamente o seu uso.

A diferenza entre unha bala disparada do .38 e outra de .357 (malia a diferenza do nome miden o mesmo) é que, mentres a .38 viaxa a 250 m/s, a Magnum faino 400, co drástico aumento de poder de detención e capacidade de perforación que iso implica.

Este calibre foi deseñado para a policía, a autodefensa e a cacería. O obxectivo da súa creación foi facer unha bala de profunda penetración, traxectoria plana, e longo alcance efectivo.

É excelente para a autodefensa polo seu alto poder de parada, que pode deter dun disparo animais superiores en tamaño ó home. Mesmo pode matar a un cervo dun disparo certeiro a curta distancia.

Outra vantaxe dos revólveres .357 Magnum é a posibilidade de usar cartuchos .38 Special, porque as balas e vainas dos dous calibres son do mesmo diámetro. Porén, os revólveres deseñados para o calibre .38 special non poden utilizar o .357 Magnum, debido ás menores dimensións do barrilete. Malia todo, a súa potencia é inferior ó resto dos calibres Magnum, como o .41 Magnum, .44 Magnum e .454 Casull.

.357 Magnum.

Este calibre iniciou a era das municións para pistola con balas de alta velocidade.

O calibre .357 Magnum non debe confundirse co .357 SIG, deseñado para as pistolas semiatumáticas e de menor potencia que o Magnum.

Balística

[editar | editar a fonte]

A bala pesa 8.1 g, ten camisa HP, velocidade inicial de 440 m/s e potencia inicial de 790 J.

Pero tamén existe outra versión deste calibre cunha bala de 10,2 g, tamén de camisa HP, velocidade inicial de 375 m/s e potencia inicial de 725 J.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • .357
  • .357 Mag.
  • .357 S&W Magnum
  • .357 Mangle'em (modismo estadounidense)
  • 9x33mmR (nomenclatura europea)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]