[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ángel Porto Anido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁngel Porto Anido
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1919 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977 – Lino Rodriguez Madero, Jose Luis Mosquera Perez (en) Traducir →
Procurador en Cortes
24 de xuño de 1970 – 12 de novembro de 1971
← Rafael Puga Ramón
Presidente da Deputación da Coruña
1970 – 1974
← Rafael Puga RamónLino Rodriguez Madero →
Alcalde de Santiago de Compostela
1957 – 1964
← Enrique Otero AenlleFrancisco López Carballo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, industrial Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiFrancisco de Asís Porto Rey Editar o valor en Wikidata

Ángel José Porto Anido, nado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1919 e finado en Santiago de Compostela o 8 de setembro de 2006,[1][2] foi un avogado, industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio. Foi concelleiro con 22 anos, tenente de alcalde e alcalde de Santiago de Compostela (1957-1964). Foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio (1956), presidente do Aero Club de Santiago (1967-1970) e da Deputación da Coruña (1970-1974) e procurador en Cortes e conselleiro nacional (1970-1974) en representación da Deputación. Fundou a editorial Porto y Cía. e foi xerente do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1976-1988). Despois da Transición, seguiu en política como dirixente de Falange Española en Galicia.


Predecesor:
Enrique Otero Aenlle
 
Alcalde de Santiago
 
1957 - 1964
Sucesor:
Francisco López Carballo
Predecesor:
Rafael Puga Ramón
 
Presidente da Deputación da Coruña
 
1970 - 1974
Sucesor:
Lino Rodríguez Madero

Outras mencións

[editar | editar a fonte]

Alférez provisional con 17 anos, conselleiro-administrador de Editorial Compostela, presidente do Consello Diocesano de Homes de Acción Católica, da Liga de Amigos de Compostela e do Grupo teatral Ditea.

Comendador da Orde do Mérito Civil, Medalla de Prata ao Mérito Turístico, Cruz de Guerra, Medalla da Cruz Vermella ao Mérito Militar, Medalla de Prata da Cidade de París e nomeamento como Concelleiro Honorario de París.

  1. "Fallece Ángel Porto, alcalde de Compostela entre 1957 y 1964". El Correo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 2006. 
  2. "Falleció a los 87 años Ángel José Porto Anido". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]