[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Álex Petxarroman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÁlex Petxarroman
Biografía
Nacemento(eu) Alexander Petxarroman Eizagirre Editar o valor en Wikidata
6 de febreiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPetxa Editar o valor en Wikidata
Altura1,79 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central, lateral e centrocampista defensivo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
–2010 Antiguoko
2010–2015 Real Sociedad
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2015–2017   Real Sociedad C 50(1)
2017–2018 cesión Gernika Club 13(1)
2018–2021   Real Sociedad B 59(3)
2021–2023   Athletic Club 19(0)
2022–2023 cesión FC Andorra 13(0)
2023–2024 FC Andorra 31(1)
2024–   Deportivo da Coruña 0(0)

Alexander "Álex" Petxarroman Eizaguirre, nado en Donostia o 6 de febreiro de 1997, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Real Sociedad

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Antiguoko, ingresando en 2010 na canteira da Real Sociedad.[1] Entre 2015 e 2017 xogou no segundo filial do club vasco, o CD Berio FT na Terceira División, disputando 50 partidos oficiais.

Para a tempada 2017/18 saíu cedido ao Gernika, da Segunda División B.[2] Aínda que non puido debutar ata xaneiro de 2018 por unha lesión nun nocello, acabou sendo unha peza importante do equipo tras facerse coa titularidade na posición de lateral dereito, despois de anos xogando como defensa central e incluso mediocentro.[1]

No verán de 2018 regresou á Real Sociedad, que o asignou ao seu filial, o Sanse, tamén da Segunda B. Axiña se fixo cun posto no once titular de Imanol Alguacil e xogou de inicio a maioría de partidos da tempada 2018/19. Con todo, o seu bo momento de xogo viuse interrompido en outubro de 2019 por unha grave lesión de xeonllo, ao romper o ligamento cruzado nun partido ante o Barakaldo, o que lle fixo perder case toda a campaña.[3] Tralo seu regreso aos campos de fútbol, foi peza clave e capitán do equipo na triunfante tempada 2020/21, na que o conxunto adestrado por Xabi Alonso conseguiu o ascenso á Segunda División despois de 59 anos de ausencia.[4]

Despois de once anos na estrutura da Real, abandonou o club en xuño de 2021, ao non chegar a un acordo coa directiva sobre a renovación do seu contrato.[5]

Athletic de Bilbao

[editar | editar a fonte]

En de xullo de 2021 asinou un contrato de tres anos co máximo rival histórico da Real, o Athletic de Bilbao.[6][7] E foi precisamente nun derbi vasco contra a Real Sociedad en Anoeta o 31 de outubro de 2021, onde debutou co Athletic na Primeira División, substituíndo a Óscar de Marcos na segunda metade.[8] Disputou un total de 19 encontros co equipo bilbaíno, todos agás dous saíndo dende o banco de suplente.

Para a campaña 2022/23, o Athletic cedeuno ao FC Andorra, equipo que viña de ascender á Segunda División.[9] No club do Principado volveu sufrir problemas coas lesións, polo que só puido disputar 13 encontros.

No verán de 2023 regresou brevemente ao Athletic, co que realizou unha xira por México, pero acabou sendo traspasado definitivamente ao Andorra.[10] Na súa segunda campaña en Andorra, xa con máis continuidade, xogou 31 encontros, 27 deles como titular, pero non puido evitar o descenso do club á Primeira Federación.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2024 fichou polo Deportivo da Coruña, que acababa de ascender á Segunda División na tempada anterior.[11]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada Liga Copa Outros[a] Total
División PX G PX G PX G PX G
Real Sociedad C 2015/16 Terceira División 27 1 27 1
2016/17 23 0 23 0
Total club 50 1 50 1
Gernika (cesión) 2017/18 Segunda División B 13 1 13 1
Real Sociedad B 2018/19 Segunda División B 33 0 33 0
2019/20 6 1 6 1
2020/21 18 2 2 0 20 2
Total club 57 3 2 0 59 3
Athletic Club 2021/22 Primeira 17 0 2 0 0 0 19 0
Total carreira 137 5 2 0 2 0 141 5
  1. Inclúe partidos de promoción de ascenso á Segunda División
  1. 1,0 1,1 "Álex Petxarromán: "Creo que vamos a ser el mejor equipo vizcaíno"" (en castelán). 12 de abril de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  2. "Petxarroman apuntala al Gernika" (en castelán). 9 de agosto de 2017. Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  3. Barreto, Beñat (3 de outubro de 2019). "Petxarroman se rompe el cruzado en su mejor momento". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  4. Parcero, Bruno (24 de maio de 2021). "Las claves del ascenso del Sanse a Segunda". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  5. "Petxarroman se despide de la Real antes de aterrizar en Lezama". As (en castelán). 3 de xuño de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  6. "Petxarroman joins Athletic Club" (en inglés). 1 de xullo de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  7. Velasco, Juanma (1 de xullo de 2020). "El Athletic 2021-22 echa a andar con el fichaje de Petxarroman". Marca (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  8. Gómez, Verónica (3 de outubro de 2021). "Petxarroman debuta como rojiblanco ante su ex equipo". Cadena SER (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  9. "Petxarroman loaned to FC Andorra" (en inglés). 10 de agosto de 2022. Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  10. "Petxa torna i signa per dues temporades" (en catalán). 24 de xullo de 2023. Consultado o 16 de xullo de 2024. 
  11. "O Dépor fortalece o lateral destro con Petxarroman". 15 de xullo de 2024. Consultado o 16 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]