Renfe Avant
Renfe Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.
Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira liña de alta velocidade española en ser inaugurada foi a Madrid-Sevilla, que se mantivo durante unha década como a única liña deste tipo en funcionamento. En orixe, os trens AVE eran os únicos en percorrer a liña. Renfe instaurou unhas novas frecuencias que no canto de percorrer toda a liña realizaban o traxecto Madrid-Puerta de Atocha-Cidade Real-Puertollano, con horarios adaptados ás viaxes pendulares. Estes servizos eran denominados Lanzadeira AVE e realizábanse cos mesmos trens da serie 100 que os trens AVE.
RENFE encargou novos trens para esta relación, a serie 104, que entraron en servizo a finais de 2004. Estes trens terían unha configuración de longa distancia, con clase turista e club e cafetaría a bordo. En outono de 2005 inaugurouse a liña de alta velocidade Madrid-Toledo, onde estes novos trens entran tamén a prestar servizo. O servizo, tras un curto período coa denominación Iris pasa a ser coñecido como Avant e a recibir unha consideración de media distancia: as cafetarías a bordo deixan de prestar servizo e todas as prazas son ofertadas como de clase única.
Coa inauguración de novas liñas de alta velocidade os servizos Avant esténdense por todo o país, e recíbense novos trens adaptados a este servizo que xa non dispoñen de cafetaría e parten de fábrica con clase única.
Ademais circulan servizos Avant entre Cádiz e Xaén usando a LAV Madrid-Sevilla entre o Cambio de ancho de Alcolea e o Cambio de ancho de Marajabique mediante a serie 121.
Servizos
[editar | editar a fonte]Servizos actuais
[editar | editar a fonte]- Madrid-Puerta de Atocha <> Cidade Real Central (53 minutos) <> Puertollano (1h 13 minutos). Realízase coa serie 104.
- Madrid-Puerta de Atocha <> Toledo (30 minutos). Realízase coa serie 104.
- Sevilla-Santa Justa <> Córdoba Central (40 minutos) <> Puente Genil-Herrera (1h 12 minutos) <> Antequera-Santa Ana (1h 26 minutos) <> Málaga-María Zambrano (1h 55 minutos). Realízase coa serie 104.
- Barcelona-Sants <> Camp de Tarragona (41 minutos) <>Lleida-Pirineus (1h 15 minutos). Realízase coa serie 114.
- Barcelona-Sants <> Xirona (37 minutos) <> Figueres-Vilafant (55 minutos) Realízase coa serie 103. Prazas con tarifa Avant neste traxecto, dentro do servizo AVE Madrid-Atocha <> Figueres-Vilafant.
- Madrid-Chamartín <> Segovia-Guiomar (28 minutos) <> Valladolid-Campo Grande (1h 5 minutos) Realízase coa serie 114.
- A Coruña <> Santiago de Compostela (28 minutos) <> Ourense-Empalme (38 minutos). Realízase coa serie 121.
- Valencia-Joaquín Sorolla <> Cuenca-Fernando Zóbel (1h) <> Cidade Real Central (2h 26 minutos) <> Puertollano (2h 41 minutos) <> Córdoba Central (3h 25 minutos) <> Puente Genil-Herrera (3h 55 minutos) <> Antequera-Santa Ana (4h 10 minutos) <> Málaga-María Zambrano (4h 36 minutos) <> Realízase como tren especial coa serie 104.
Servizos desaparecidos
[editar | editar a fonte]- Zaragoza-Delicias <> Huesca. Deixou de prestar servizo o 14 de outubro de 2009. Realizábase coa serie 104.
- Zaragoza-Delicias <> Calatayud. Deixou de prestar servizo en 2013. Realizábase coa serie 104.
Servizos de largo variable
[editar | editar a fonte]- Cádiz <> Xaén (4h 13 minutos). Realízase coa serie 121. Primeiro servizo en largo internacional e ibérico. Cambios de largo en Majarabique (Sevilla) e Alcolea (Córdoba).