Jezdeca
Aparencia
Jezdeca | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jezdeca |
Director | Dominik Mencej |
Guión | Boris Grgurovic Dominik Mencej |
Música | Luca Ciut |
Fotografía | Janez Stucin |
Estudio | Antitalent Produkcija SENSE Production Staragara Transmedia |
Estrea | 2022 |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Eslovenia |
Xénero | Drama e comedia |
Na rede | |
Jezdeca é un filme esloveno de 2022 dirixido por Dominik Mencej e escrito por Mencej e Boris Grgurovic. Foi escollido como candidato de Eslovenia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia está ambientada na Eslovenia da primavera de 1999. Dous amigos dunha pequena cidade deciden facer unha viaxe en moto. Na estrada que atravesa Eslovenia e Croacia, dous países recentemente separados de Iugoslavia, atópanse cun mozo fuxido cun pasado misterioso e un vello motorista que percorreu o mundo na procura da liberdade pero aínda non a atopou.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Timon Sturbej como Tomaz
- Petja Labovic como Anton
- Anja Novak como Ana
- Nikola Kojo como Peter
- Peter Musevski como condutor do camión
- Natasa Matjasec como nai de Tomaz
- Branko Jordan como Padre Klemen
- Boris Ostan como Jozhe
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Slovenski kandidat za mednarodnega oskarja bo film ceste Jezdeca". Radio-Television Slovenia. 2023-09-08. Arquivado dende o orixinal o 2023-09-08. Consultado o 2023-09-08.