[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

IFEVI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 28 de marzo de 2015 ás 00:43 por Vivaelcelta (conversa | contribucións)

Coordenadas: 42°13′23″N 8°38′14″O / 42.223187, -8.637164

Instituto Feiral de Vigo.

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un complexo multifuncional utilizado para todo tipo de celebracións; concertos, eventos deportivos, feiras internacionais, nacionais ou locais, competicións, conferencias, convencións etc.

Na fachada do IFEVI figuran os logotipos da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e a Cámara de Comercio de Vigo.

Dispón de 3 pavillóns, 5 salas de reunións, dous recibidores, unha sala de xuntas cun aforo máximo de 30 persoas, un auditorio con 506 butacas, unha cafetaría, un autoservizo, un restaurante e un aparcadoiro con capacidade para 2.200 vehículos.

Está situado en Cotogrande, nos arrabaldes de Vigo, a 300 metros do Aeroporto de Peinador. Dispón dunha saída directa dende a Autoestrada do Atlántico AP-9.

Acontecementos máis significativos

  • Salón do Automóbil de Vigo
  • Motorocasión: Salón do automóbil usado e de ocasión de Vigo.
  • Navalia: Feira internacional da industria naval.
  • Conxemar: Feira internacional dos produtos do mar conxelados.
  • Vigoferia: Multisectorial, salón do moble, decoración e interiorismo.
  • Vigobodas: A feira dos noivos.
  • Vigolandia: Lecer infantil e familiar.
  • Concurso de Saltos Internacional de Vigo