[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

IFEVI

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de maio de 2014 ás 09:50 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (elimino a Categoría:Vigo mediante HotCat)
IFEVI, Instituto Feiral de Vigo, Cotogrande, maio do 2009.

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un complexo multifuncional utilizado para todo tipo de celebracións; concertos, eventos deportivos, feiras internacionais, nacionais ou locais, competicións, conferencias, convencións, etc.

Dispón de 3 pavillóns, 5 salas de reunións, dous recibidores, unha sala de xuntas cun aforo máximo de 30 persoas, un auditorio con 506 butacas, unha cafetaría, un autoservizo, un restaurante e un aparcadoiro con capacidade para 2.200 vehículos.

Está ubicado en Cotogrande, nos arrabaldes de Vigo, a 300 metros do Aeroporto de Peinador. Dispón dunha saída directa dende a Autoestrada do Atlántico AP-9.

Acontecementos máis significativos

  • Motorocasión: Salón do automóbil usado e de ocasión de Vigo.
  • Navalia: Feira internacional da industria naval.
  • Conxemar: Feira internacional dos produtos do mar conxelados.
  • Vigoferia: Multisectorial, salón do moble, decoración e interiorismo.
  • Vigobodas: A feira dos noivos.
  • Vigolandia: Lecer infantil e familiar.