Gran Premio de Suráfrica de 1975
Nome oficial | XXI South African Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Suráfrica |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Kyalami (Midrand (en) ) 25°59′53″S 28°04′08″L / -25.99803, 28.06892 |
País | Suráfrica |
Data | 1 de marzo de 1975 |
Competición | |
Primeiro posto | Jody Scheckter |
Pole position | José Carlos Pace |
Volta máis rápida | José Carlos Pace |
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1975, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 1 de marzo de 1975. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de 1975. Foi o 21º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o noveno que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para un distancia de carreira de 320 quilómetros.
A carreira pasou a historia porque Jody Scheckter se converteu no primeiro piloto surafricano en gañar a carreira do seu país. Pilotando un Tyrrell 007 tomou a iniciativa da carreira logo de adiantar a Carlos Pace na terceira volta e levouse a súa terceira vitoria por diante do Brabham BT44B de Carlos Reutemann. O compañeiro de Scheckter en Tyrrell, Patrick Depailler, terminou terceiro.
Resumo da carreira
Ferrari utilizara proveitosamente o mes de febreiro libre, para producir o novo modelo 312T cunha nova caixa de cambios transversal. Tamén apareceu unha nova cara, a muller piloto italiana Lella Lombardi.
A práctica foi complicada, Graham Hill trompeou ó pasar sobre unha mancha de aceite que deixara o coche de Ronnie Peterson, destruíu o seu coche e optou por non saír na carreira. Unha vez que se limparon os restos e se repararon os buracos da barreira, houbo un segundo accidente: Niki Lauda trompeou sobre unha mancha de aceite, golpeando a muro a 193 km/h. Logo de novos violentos accidentes de Jody Scheckter e Guy Tunmer, os pilotos consideraron que o circuíto non era seguro e negáronse a continuar ata que se solucionasen os defectos nas barreiras e melloraran a pista, apoiados polos mecánicos que insistiron no cesamento das prácticas.
Cando a carreira se puxo en marcha, Carlos Pace liderou desde a pole pero tiña problemas de freado e pronto foi superado por Jody Scheckter e Carlos Reutemann. Pouco despois Depailler tamén o adiantou e acadou a terceira praza. James Hunt retirouse co cable do acelerador roto, Vittorio Brambilla retirouse con problemas no radiador de aceite e Ian Scheckter estrelouse. Emerson Fittipaldi desafiaba a Depailler para o cuarto lugar, cando sufriu problemas nun cable das buxías. Jody Scheckter pilotou con seguridade para aferrarse á súa única vitoria en casa por diante de Reutemann.
Clasificación
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Points |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 78 | 1:43:16.90 | 3 | 9 |
2 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 78 | + 3.74 | 2 | 6 |
3 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 78 | + 16.92 | 5 | 4 |
4 | 8 | Carlos Pace | Brabham-Ford | 78 | + 17.31 | 1 | 3 |
5 | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 78 | + 28.64 | 4 | 2 |
6 | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 78 | + 1:03.64 | 16 | 1 |
7 | 23 | Rolf Stommelen | Hill-Ford | 78 | + 1:12.91 | 14 | |
8 | 28 | Mark Donohue | Penske-Ford | 77 | + 1 volta | 18 | |
9 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 77 | + 1 volta | 19 | |
10 | 5 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 77 | + 1 volta | 8 | |
11 | 34 | Guy Tunmer | Lotus-Ford | 76 | + 2 voltas | 25 | |
12 | 6 | Jacky Ickx | Lotus-Ford | 76 | + 2 voltas | 21 | |
13 | 33 | Eddie Keizan | Lotus-Ford | 76 | + 2 voltas | 22 | |
14 | 31 | Dave Charlton | McLaren-Ford | 76 | + 2 voltas | 20 | |
15 | 14 | Bob Evans | BRM | 76 | + 2 voltas | 24 | |
16 | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 71 | Acelerador | 9 | |
17 | 27 | Mario Andretti | Parnelli-Ford | 70 | Transmisión | 6 | |
NC | 21 | Jacques Laffite | Williams-Ford | 69 | Non clasificado | 23 | |
NC | 1 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 65 | Non clasificado | 11 | |
Ret | 32 | Ian Scheckter | Tyrrell-Ford | 55 | Accidente | 17 | |
Ret | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 53 | Sistema combustible | 12 | |
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 37 | Temperatura | 13 | |
Ret | 10 | Lella Lombardi | March-Ford | 23 | Sistema combustible | 26 | |
Ret | 20 | Arturo Merzario | Williams-Ford | 22 | Motor | 15 | |
Ret | 18 | John Watson | Surtees-Ford | 19 | Embrague | 10 | |
Ret | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 16 | Radiador | 7 | |
NSC | 30 | Wilson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | ||||
NSC | 22 | Graham Hill | Lola-Ford |
Posicións logo da carreira
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1975 |
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1974 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1976 |
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suráfrica de 1975 |
Ligazóns externas
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.