Xoán IV de Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Xoán IV de Portugal (en portugués João IV), alcumado O Afortunado ou O Restaurador, nado en Vila Viçosa en 1604 e finado en Lisboa o 6 de novembro de 1656, foi rei de Portugal entre 1640 e 1656, primeiro monarca da casa de Bragança.
Traxectoria
editarOrixes familiares
editarFillo de Teodosio de Bragança, duque de Bragança, e da súa esposa Ana de Velasco, naceu o 19 de marzo de 1604.
Por liña materna descendía do rei Manuel I de Portugal, e como duque de Bragança descendía tamén de Xoán I de Portugal por liña feminina.
Ascenso ao trono
editarDurante a súa mocedade Filipe IV de Castela reinou en Portugal como descendente por liña feminina do rei Manuel. A dinastía Habsburgo fixérase co poder en Portugal ao derrotar en 1580 ao proclamado rei Antonio I de Portugal na batalla de Alcántara. O caràcter relixioso e pacífico do duque de Bragança impedíalle facer prevaler os seus dereitos lexítimos. A súa esposa Luísa de Guzmán impulsouno a ocupar o trono portugués, iniciando unha revolución o 1 de decembro de 1640, que acabaría por conseguir expulsar os casteláns.
A súa ascensión comportou unha guerra contra a Coroa de Castela, que rematará en 1668, co recoñecemento da independencia de Portugal. As alianzas asinadas por Portugal con Francia e Suecia, en xuño e agosto de 1641, enmarcadas na Guerra dos Trinta Anos, realizaronse para poder facer fronte aos intereses casteláns en Portugal, así como fronte os holandeses nas colonias portuguesas, especialmente o Brasil.
En Portugal a invasión española comezou en 1641, sendo reducida en Montijo en 1650. En xaneiro daquel mesmo ano os holandeses tomaron Malaca e en 1648, no sultanato de Oman, tomaron Muscat. En 1654 o Brasil tornou a mans portuguesas, unha aspiración holandesa que non se viu cumprida, mais Portugal viu caer en mans holandesas a illa de Sri Lanka en 1656.
Nupcias e descendentes
editarO futuro Xoán IV casou en 1633 en Elvas con Luísa de Guzmán (en portugués dita Luísa de Gusmão), filla de Juan Manuel Pérez de Guzmán, duque de Medina-Sidonia. Desta unión naceran:
- o infante Teodosio III de Bragança (1634-1653), príncipe do Brasil e duque de Bragança
- a infanta Ana de Bragança (1635)
- a infanta Xoana de Bragança (1636-1653)
- a infanta Caterina de Bragança (1638-1705), casada en 1662 con Carlos II de Inglaterra
- o infante Manuel de Bragança (1640)
- o infante Afonso VI de Portugal (1643-1683), rei de Portugal
- o infante Pedro II de Portugal (1648-1706), rei de Portugal
Tivo unha filla natural:
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Filipe III |
Xoán IV de Portugal | Precede a: Afonso VI |
Dinastía de Braganza |