Anxa
Anxa[1][2] é un nome propio feminino galego. O nome procede do latín angelus, que á súa vez deriva do grego ἄγγελος (ággelos), que quere dicir "mensaxeiro". En galego tamén ten as variantes Xela e Anxela, e os hipocorísticos Xeluca e Xelucha.[2]
En xaneiro de 2023 existían 16 mulleres en Galicia co nome Anxa, cunha media de idade de 24,1 anos,[3] 317 co nome Anxela, cunha media de idade de 25 anos[4] e 210 co nome Xela, cunha media de idade de 11,6 anos.[5]
Historia
editarA orixe do nome provén da advocación de Nosa Señora dos Anxos. A advocación xurdiu a raíz dun fenómeno atmosférico insólito producido un verán de moita seca que os fieis interpretaron como unha nevarada en pleno mes de agosto.[6]
Santoral
editar4 de xaneiro: Santa Anxa: natural de Foligno, viviu no século XIII. 27 de xaneiro: Santa Anxa de Mericí: franciscana, viviu no século XV. 2 de outubro: Santos Anxos Custodios. 5 de novembro: Santa Ánxela da Cruz, Sevilla. 14 de decembro: Santa Anxa de Urbina e Antezana
Notas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Anxa na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Anxela na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Xela na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ "Ímoslle chamar da [[Xunta de Galicia]] a través de lingua.gal" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2015.