Wilkie Collins
escritor británico (1824–1889)
William Wilkie Collins, nado en Londres o 8 de xaneiro de 1824 e finado na mesma cidade o 23 de setembro de 1889, foi un novelista, dramaturgo e autor de relatos curtos inglés.
Nome orixinal | (en) William Wilkie Collins |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de xaneiro de 1824 Londres |
Morte | 23 de setembro de 1889 (65 anos) Londres |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | cemiterio de Kensal Green |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | escritor , dramaturgo , poeta avogado , novelista , xornalista , Barrister |
Xénero artístico | Literatura gótica (pt) |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Martha Rudd Caroline Compton |
Pais | William Collins (pt) e Harriet Geddes (en) |
Irmáns | Charles Allston Collins |
Páxina web | wilkiecollins.com |
|
Traxectoria
editarCollins era fillo do pintor William Collins. Tivo unha enorme sona no seu tempo, que en parte mantén hoxe no xénero noir[1]. Escribiu 27 novelas, máis de 60 relatos curtos, máis dunha ducia de peza teatrais e 100 obras de non ficción. É considerado un dos pioneiros da novela policial[2] en lingua inglesa. A súa narrativa está caracterizada pola atmosfera de misterio e fantasía, o suspense melodramático e a minuciosidade. As súas obras máis coñecidas son The Woman in White (1860) e The Moonstone (1868).[3]
Foi íntimo amigo e colaborador de Charles Dickens[4].
Obras
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Traducións ao galego
editar- "Unha cama terriblemente estraña", dentro da compilación O relato policial: de Poe a Conan Doyle, tradución de Carme Millán Varela e María González (Ir Indo, 1997)[5].
- A dama de Glenwith Grange (Editorial Hugin e Munin, 2020).
Notas
editar- ↑ CIS: 10 LITERARY CLASSICS THAT ARE ALSO CRIME STORIES, artigo en Crimefictionlover.com (en inglés).
- ↑ Wilkie Collins: Father of the Detective Novel Arquivado 02 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ WILKIE COLLINS AND DETECTIVE FICTION (en inglés).
- ↑ Wilkie Collins and Charles Dickens en Victorianweb.org (en inglés).
- ↑ Ficha Arquivado 19 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wilkie Collins |
Ligazóns externas
editar- The Wilkie Collins Website (en inglés).
- Páxina dedicada á vida e obra de Wilkie Collins, xestionada por Andrew Gasson (en inglés).
- Wilkie Collins Collection at the Harry Ransom Center at the University of Texas at Austin (en inglés).