Wielbark é unha vila polaca de 2943 habitantes, pertence ao condado de Szczytno, no sur da rexión histórica de Masuria, sitúase a 15 km ao sur da cidade de Szczytno e a 5 km ao norte da antiga fronteira sur de Prusia Oriental e Polonia.
Mencionase por primeira vez en 1361 co nome de "Wildhaus", consistindo só nuns poucos edificios, en 1723 recibe os privilexios de cidade; a reforma da administración prusiana en 1818 fixo de Willenberg, como se denominaba entón, parte do distrito de Ortelsburg. Willenberg tiña 2.600 habitantes antes que a poboación tivera que deixala ao remate da segunda guerra mundial.