Wes Anderson
Wesley Wales "Wes" Anderson, nado en Houston, Texas (Texas) o 1 de maio de 1969 é un director de cinema estadounidense.
Traxectoria
editarGraduouse en 1987 na St. John's School, logo empregada como localización en Rushmore.[1] Asistiu despois á Universidade de Texas en Austrin, onde coñeceu o seu colaborador Owen Wilson.[2]
O seu primeiro filme foi Bottle Rocket (1996), baseado nunha curtametraxe que fixera con Luke e Owen Wilson. A este seguiulle Rushmore (1998), comedia con Bill Murray e Jason Schwartzman, que foi un éxito de crítica. Murray participou en todos os filmes de Anderson desde entón.
Con The Royal Tenenbaums (2001), conseguiu a súa primeira candidatura ao oscar ó mellor guión orixinal e en 2009 dirixiu o filme de animación Fantastic Mr. Fox baseado nun libro de Roald Dahl.
Anderson tamén dirixiu curtametraxes e anuncios publicitarios.
Filmografía
editarAno | Título | Director | Produtor | Guionista | Actor | Personaxe |
---|---|---|---|---|---|---|
1996 | Bottle Rocket | X | (con Owen Wilson) | |||
1998 | Rushmore | X | X | (con Owen Wilson) | ||
2001 | The Royal Tenenbaums | X | X | (con Owen Wilson) | X | Comentarista nº 1 |
2004 | The Life Aquatic with Steve Zissou | X | X | (con Noah Baumbach) | ||
2005 | The Squid and the Whale | X | ||||
2007 | The Darjeeling Limited | X | X | (con Jason Schwartzman e Roman Coppola) | ||
2009 | Fantastic Mr. Fox | X | X | (con Noah Baumbach) | X | Donicela |
2012 | Moonrise Kingdom | X | X | X | ||
2014 | The Grand Budapest Hotel | X | X | (con Hugo Guinnes) | ||
She's Funny That Way | X |
Notas
editar- ↑ The Atlantic (ed.). "Tour Wes Anderson's High School AKA the Set of Rushmore". Consultado o 18 de outubro de 2013.
- ↑ [1]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wes Anderson |
Bibliografía
editar- Browning, Mark (2011). Praeger, ed. Wes Anderson: why his movies matter. Santa Barbara, California. ISBN 1598843524.
- "New Review of Film and Television Studies". Special Issue: Wes Anderson & Co. 1 10. 2012. ISSN 1740-0309.
- Zoller Seitz, Matt (2013). Harry N. Abrams, ed. The Wes Anderson Collection. Nova York. ISBN 978-0810997417.
Ligazóns externas
editar- Wes Anderson na IMDb (en inglés).
- "Unsung Films". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2017. Consultado o 28 de xuño de 2014. (en inglés)
- Tête-à-Tête con Nic Harcourt Arquivado 27 de decembro de 2010 en Wayback Machine. en Los Angeles Times Magazine (en inglés)
- Perfil en The Guardian (en inglés)
- Perfil de Martin Scorsese (en inglés)
- Entrevista con Wes Anderson (en inglés)
- Entrevista a Wes Anderson en The Hour (en inglés)
- "Notes on Quirky" Movie: A Journal of Film Criticism, No.1, 2010 (en inglés)