O Touareg (nomeado internamente como Typ 7L) foi un proxecto do Grupo Volkswagen, que tamén incluíu a Audi e Porsche, que andaban a pensar na posibilidade de engadir un SUV ao seu catálogo de produtos. O obxectivo era crear un vehículo todo terreo que se puidese conducir como un coche deportivo. O equipo, de máis de 300 persoas, foi dirixido por Klaus-Gerhard Wolpert, e tivo a súa base de operacións en Weissach im Tal (Alemaña). Como resultado desta empresa conxunta o Porsche Cayenne comparte co Touareg a plataforma PL71 do Grupo Volkswagen, e ambos modelos fabrícanse en Bratislava xunto co Audi Q7.
O Touareg de primeira xeración foi deseñado en conxunto polo Grupo Volkswagen e Porsche. Por esta razón, a súa plataforma é a mesma que a do Porsche Cayenne e similar á do Audi Q7. Todas as unidades fabrícanse en Eslovaquia e Rusia. Na reestilización a finais de 2006, o Touareg recibiu o frontal cromado que tamén incorporan outros modelos da marca.