Voitre
Voitre | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Voitres | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xénero | |||||||||||||
Ver texto |
Voitre[1] é o nome vulgar aplicado xenericamente a diversas especies de aves falconiformes membros da subfamilia Aegypiinae, pertencente á familia Accipitridae. O nome faise a miúdo extensivo os membros da familia Cathartidae, voitres americanos ou voitres do Novo Mundo, que estudos recentes colocan dentro da mesma orde cás cegoñas, (Ciconiidae) e que non teñen unha relación taxonómica moi próxima cos voitres verdadeiros, que viven en Europa, Asia e África. As semellanzas aparentes dos dous grupos de voitres serían froito da converxencia evolutiva.
Descrición
editarOs voitres son aves de tamaño grande, que acadan lonxitudes de máis dun metro e envergaduras de ás de ata 2,50 m. É habitual a presenza en moitas das especies dun colar de plumas, que envolve a parte inferior dun pescozo longo e espido ou cuberto de plumas curtas.
Ecoloxía
editarHábitat e distribución
editarOs voitres viven frecuentemente en paisaxes abertas coma estepas, sabanas e semidesertos, pero moitas especies son tamén habituais de zonas montañosas, onde aproveitan as correntes de aire ascendentes que lles facilitan o voo planeado. As diferentes especies están espalladas polo sur de Europa, Asia e África .
Alimentación
editarOs voitres están especializados en alimentarse de calaza, que localizan exclusivamente pola vista mentres planean a grande altura. Os pescozos espidos e as cabezas calvas de moitas especies parecen destinados a facilitar que estes se manteñan limpos do sangue e os fluídos dos animais mortos que devoran.
Conduta
editarMáis das especies son aves sociais, que se xuntan en bandos ó redor das presas. Os voitres meirandes adoitan se-los primeiros en atacar o cadáver, porque os seus bicos fortes son os únicos capaces de rachar a pele dura do animal morto.
Xéneros e especies
editar- Gypohierax
G. angolensis
- Gypaetus
G. barbatus, quebraosos
- Neophron
N. percnopterus, meloufa
- Necrosyrtes
N. monachus, meloufa de carapucha
- Gyps
G. africanus, voitre africano
G. bengalensis ,voitre de Bengala
G. indicus
G. rueppellii, voitre de Rüppell
G. himalayensis, voitre do Himalaia
G. fulvus, voitre leonado
G. coprotheres
- Aegypius
Ae. Monachus, voitre negro
- Torgos
T. Tracheliotus, voitre torgo
- Trigonoceps
T. occipitalis
- Sarcogyps
S. calvus
Literatura e mitoloxía
editar- Friederike Woog: Geierforschung auf Höhenflug. In: Naturwissenschaftliche Rundschau. 60(2), S. 97 - 99 (2007).
O xigante Ticio, de apetito sexual desordenado, veu achegarse a Leto (unha das amantes de Zeus, a quen lle dera dous fillos, Apolo e Ártemis) e botouse sobre ela, rachándoa o vestido e intentando forzala. Ante os seus gritos, acudiron Apolo e Ártemis e mataron a Ticio coas súas frechas. Zeus castigou a Ticio e encadeouno no Hades, onde dous voitres lle devoraban eternamente o corazón (segundo Pseudo-Apolodoro [2]) ou o fígado (segundo Homero).
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para voitre.
- ↑ PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, Libro I, 4, 1.
Ligazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Voitre |