Vladimir Zworykin
Vladimir Kozmich Zworykin, nado o 29 de xullo de 1888 en Murom (Rusia) e morto o 29 de xullo de 1982 en Princeton, Nova Jersey foi un inventor, enxeñeiro e pioneiro da televisión estadounidense de orixe rusa.
Traxectoria
editarZworykin estudou no Instituto de Tecnoloxía de San Petersburgo e no Collège de France en París. Despois de participar na Primeira guerra mundial emigrou aos Estados Unidos en 1919. Ingresou na Universidade de Pittsburgh, adoptando a nacionalidade estadounidense en 1924. Traballou na Westinghouse Electric Corporation de Pittsburgh. En 1923, e de novo con melloras en 1925, traballando na Westinghouse, solicitou a patente dun tubo de raios catódicos para a transmisión e recepción de imaxes, coñecido como Televisión Systems, pero non tivo éxito en conseguir un aparello funcional. En 1929 patentou un receptor de tubo de raios catódicos ao que chamou kinescope[1]. Ao cambiar aos laboratorios da Radio Corporation of America 1RCA cara 1930 comezou a experimentar cun novo tipo de tubo de raios catódico que deu orixe en 1931 ao primeiro iconoscopio funcional, unha das primeiras cámaras de televisión na que un raio de electróns de alta velocidade explora un mosaico fotoemisor[2].
Notas
editar- ↑ Albert Abramson, Zworykin, Pioneer of Television, p. 84
- ↑ Dicky Howett Television Innovations: 50 Technological Developments, p. 15