[go: up one dir, main page]

Vila do Conde é unha cidade portuguesa no distrito do Porto, rexión Norte e subrexión do Grande Porto, con 28.636 habitantes en 2011. Pertence á Grande Área Metropolitana do Porto. Vila do Conde é sede dun municipio con 149,31 km² de área e 79.533 habitantes (en 2011), subdividido en 30 freguesías. O municipio limita ao norte co da Póvoa de Varzim, ao leste con Vila Nova de Famalicão e ao sur conr Maia e por Matosinhos, e ao oeste ten litoral no océano Atlántico.

Modelo:Xeografía políticaVila do Conde
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°21′N 8°45′O / 41.35, -8.75
EstadoPortugal
DistritosDistrito do Porto Editar o valor en Wikidata
CapitalVila do Conde (cidade) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación79.533 (2011) Editar o valor en Wikidata (533,78 hab./km²)
Xeografía
Superficie149 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónXoán o Bautista Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4480 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico252 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webcm-viladoconde.pt Editar o valor en Wikidata

Localizada na marxe norte da foz do río Ave, Vila do Conde é un importante centro industrial, porto de pesca e zona balnearia e turística, e configura un dos principais e máis procurados centros de balneario de Portugal. A cidade fai parte do mesmo aglomerado urbano que a Póvoa de Varzim.

Historia

editar
 
A rúa da Igrexa, centro histórico de Vila do Conde.

A poboación de Vila do Conde é moi antiga, anterior á fundación de Portugal, e o seu topónimo non sufriu alteracións; dende sempre foi Vila do Conde. A primeira referencia a Vila do Conde é do ano de 953 da era actual no libro da condesa Mumadona Dias, onde é referida como Villa de Comite.

Manuel I de Portugal concedeulle eido foral en 1516 e a poboación da vila participa activamente nos descubrimentos portugueses, entre eles Paulo e Francisco Faria na viaxe de Vasco da Gama á India. A praza Nova, hoxe praza Vasco da Gama, abriuse en 1538, no reinado de Xoán III de Portugal, onde se edificaron novos edificios para os pazos do Concello. No século XIX, as invasións francesas causarán grandes danos á poboación. En 1987 é elevada á categoría de cidade.

Freguesías

editar
 
  As 30 freguesías de Vila do Conde
1. Arcos
2. Árvore
3. Aveleda
4. Azurara
5. Bagunte
6. Canidelo
7. Fajozes
8. Ferreiró
9. Fornelo
10. Gião
11. Guilhabreu
12. Junqueira
13. Labruge
14. Macieira da Maia
15. Malta
16. Mindelo
17. Modivas
18. Mosteiró
19. Outeiro Maior
20. Parada
21. Retorta
22. Rio Mau
23. Tougues
24. Touguinha
25. Touguinhó
26. Vairão
27. Vila Chã
28. Vila do Conde
29. Vilar
30. Vilar de Pinheiro

Poboación

editar

Galería de imaxes

editar

Irmandamentos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar