[go: up one dir, main page]

A veta é unha arte de pesca fixa rectangular cunha tralla con flotadores e outra lastrada contra o fondo, ó cal se fixa con rizóns (similar ó rasco e á volanta), que adopta unha posición vertical, cun só pano, de ata 50 x 3 m na dimensión de cada peza e cun mínimo de 60 mm en lado da malla. Está regulada polo artigo 31 do Decreto 424/1993 do 17 de decembro (DOG Nº 13 do xoves, 20 de xaneiro de 1994), que indica que se pode usar todo o ano en mar non interior.