[go: up one dir, main page]

O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, máis coñecido como UNICEF foi creado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 11 de decembro de 1946 co nome de Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para a Infancia, tiña como misión atender as necesidades dos nenos e nenas na China e Europa tras a segunda guerra mundial e cando a ONU decidiu en 1953 que tivera tempo indefinido mudou o seu nome para o actual. A súa sede central está en Nova York e colabora cos países en desenvolvemento para procurar o benestar infantil. En 1965 foille concedido o Premio Nobel da Paz

UNICEF
Logo
AcrónimoUNICEF
Tipoorganização estabelecida pelas Nações Unidas
Data de fundación11 de decembro de 1946
Fundador(es)Asemblea Xeral das Nacións Unidas e Ludwik Rajchman
Presidente/aCatherine M. Russell (pt) Traducir (2022-) Editar o valor en Wikidata
Director/aCatherine M. Russell
Organización matrizAsemblea Xeral das Nacións Unidas e Consello Económico e Social das Nacións Unidas
Organización subsidiariaUNICEF Canada e Polish National Committee for UNICEF
PremiosPremio Nobel da Paz, Children of the Earth, Premio Indira Gandhi, Premio Príncipe de Asturias da Concordia, Wateler Peace Prize e DZI Seal-of-Approval
SedeNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.unicef.org/
Facebook: unicef Twitter: UNICEF Instagram: unicef Youtube: UCZceliiH71OLw4t4HcvKKjw TikTok: unicef BNE: XX129129 GitHub: unicef Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Primeiro foi coñecido como UNICEF, acrónimo de United Nations International Children's Emergency Fund (en galego, Fondo Internacional de Urxencia das Nacións Unidas para a Infancia). En 1953, UNICEF convértese en organismo permanente dentro do sistema de Nacións Unidas, encargado de axudar os nenos e protexer os seus dereitos. O seu nome foi reducido a fondo das Nacións Unidas para a Infancia (United Nations Children's Fund), pero mantívose o acrónimo UNICEF polo que é coñecido ata agora.

Outorgóuselle o Premio Nobel da Paz en 1965 e o Premio Princesa de Asturias da Concordia en 2006.

Prioridades

editar
 
Nena de Biafra

A UNICEF axuda principalmente en zonas de extrema pobreza, en África e outras latitudes do mundo. Está enfocada principalmente en 5 prioridades:

  • Supervivencia e desenvolvemento da infancia.
  • Educación Básica e igualdade de xénero (incluíndo a educación ás nenas).
  • Protección a nenos contra a violencia, explotación e abuso.
  • O SIDA e os nenos.
  • Políticas de vixilancia dos dereitos dos nenos.

As áreas de acción da UNICEF inclúen desenvolvemento da nenez temperá, desenvolvemento na adolescencia, e participación nos patróns de vida baseándose na educación.

Críticas

editar

UNICEF foi obxecto de críticas pola súa promoción do aborto.[Cómpre referencia] A Igrexa católica achegaba ata o ano 1996 unha suma simbólica destinada a promover o apoio entre os católicos, esta colaboración foi interrompida debido ao constante apoio de UNICEF a campañas promotoras do aborto e en especial debido unha distribución de substancias abortivas en Ruanda e na República Democrática do Congo nese ano.

Educación

editar
 
Nenos.

Emprende intervencións avaladas para mellorar a vida de todas as persoas, incluíndo a nenos. A educación dos mozos e mulleres redunda en importantes beneficios para as presentes e futuras xeracións.

O obxectivo da UNICEF na educación, é levar a escola a máis nenas, asegurándose da súa permanencia e que dispoñan dos equipamentos básicos adecuados necesarios para a súa vida posterior.

Os esforzos son constantes no sentido de asegurar a cada nena e neno do mundo o dereito que teñen á educación. A estratexia de aceleración na matriculación das nenas efectuouse en polo menos 25 países durante o período 2002-2007

Inmunización

editar

A inmunización é materia directa na cal intervén a UNICEF, dentro da cal incluíu melloras na saúde dos nenos e nenas do mundo, polo menos durante os últimos 20 anos.

A pesar disto, todos os anos morren máis de 2 millóns de meniños e meniñas por enfermidades que puideron terse prevido pola aplicación oportuna de vacinas económicas. Tamén UNICEF axuda a educación profesional gratis.

Patrocinios

editar

En 2006, UNICEF pactou co Futbol Club Barcelona o patrocinio da súa camiseta. Outros equipos que asinaron contrato son Real Betis Balompié, Chelsea F.C., Boca Juniors, Milán, Tigres de México, o Alianza Lima do Perú e o Algeciras Balonmano.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar