[go: up one dir, main page]

Two-Face (Harvey Dent) é unha personaxe ficticia e supervilán da serie de banda deseñada Batman, publicada por DC Comics, e na cal e o adversario de Batman. A personaxe foi creada por Bob Kane e Bill Finger e apareceu por vez primeira en Detective Comics #66 (agosto de 1942).[3] Anteriormente foi Harvey Dent, fiscal de distrito de Gotham City e un aliado de Batman. Porén, converteuse nun sociópata cando a metade esquerda da súa cara foi desfigurada con ácido durante un xuízo; dende entón decide entre o ben e o mal guindando unha moeda ó aire. Orixinalmente, Two-Face era un simple vilán cuxa característica era cometer crimes baseados no número dous, como roubar o Segundo Banco Nacional de Gotham City ás 2:00 do 2 de febreiro. Nos últimos anos, autores como Frank Miller ou Andrew Helfer describírono como unha persoa cunha desorde de personalidade múltiple e profundos traumas infantís, e que a súa desfiguración física só disparou a súa psicopatía.

Two-Face
Personaxe de Batman

Cosplay da personaxe.
Creador(es)
Episodios Detective Comics #66 (agosto de 1942)
Información
Nome orixinal Harvey Dent
Sexo Masculino

Popularizouse en Batman: The Animated Series, a serie animada dos anos 90 e foi interpretado por Billy Dee Williams no filme de 1989 Batman. Tamén apareceu en Batman Forever interpretado por Tommy Lee Jones e en O cabaleiro escuro interpretado polo actor Aaron Eckhart.

  1. Screen Rant (ed.). "Gotham Season 2 Features ‘Serialized’ Story; Bill Finger Getting Batman Credit". 
  2. Daniels, Les (1999). Batman: The Complete History. San Francisco: Chronicle Books. p. 45. ISBN 0811824705. 
  3. Detective Comics #66 (August 1942)