[go: up one dir, main page]

Twitter

Rede social

Twitter é unha rede social de balde que ofrece un servizo de microblogging, con sede en San Francisco, California, con filiais en San Antonio (Texas) e Boston (Massachusetts) nos Estados Unidos. Twitter, Inc. foi creado orixinalmente en California, mais está baixo a xurisdición de Delaware dende o 2007[2].​ Dende que Jack Dorsey creou Twitter en marzo de 2006, lanzado en xullo do mesmo ano, a rede gañou popularidade mundial; estímase que ten máis de 500 millóns de usuarios, xerando 65 millóns de chíos ao día e manexa máis de 800 000 peticións de buscas diarias.​ Foi denominado como o «SMS de Internet».​[3]

Twitter, Inc.
Antigo logotipo de Twitter

Editar o valor en Wikidata
TipoCapital aberto
Fundación21 de marzo de 2006 (18 anos)
LocalizaciónSan Francisco, California Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorJack Dorsey
Noah Glass
Biz Stone
Evan Williams
IndustriaInternet
ProdutosPeriscope
Vine
Número de empregados3638 (2015)[1]
Na rede
https://twitter.com/, https://twitter3e4tixl4xyajtrzo62zg5vztmjuricljdp2c5kshju4avyoid.onion/ e https://x.com/
Facebook: TwitterInc Twitter: X Instagram: twitter Youtube: UCpg-U3_G3ZVck6QO6uhW_OA Pinterest: twitter TikTok: twitter GitHub: twitter Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A rede permite enviar mensaxes de texto plano de curta lonxitude, cun máximo de 280 caracteres[4] (orixinalmente 140), chamados chíos​​ ou tweets, que se mostran na páxina principal do usuario. Os usuarios poden suscribirse aos chíos doutros usuarios  – a isto chámaselle "seguir" e aos usuarios abonados chámaselle seguidores[5],​ followers e ás veces tweeps[6]​ (Twitter + peeps, seguidores novatos que aínda non publicaron moitos chíos). Por defecto, as mensaxes son públicas, podendo difundirse privadamente mostrándoas unicamente a uns seguidores determinados. Os usuarios poden chiar dende a web do servizo, con aplicacións oficiais externas (como para teléfonos intelixentes), ou mediante o Servizo de mensaxes curtas (SMS) dispoñible en certos países[7].​ Agora ben se o servizo é de balde, acceder a el vía SMS comporta soportar tarifas fixadas polo provedor de telefonía móbil.

Na actualidade Twitter factura máis de 2500 millóns de dólares anuais e teñen un valor na bolsa superior aos 10 000 millóns de dólares.

Historia

editar

Twitter creouse no ano 2006, en San Francisco, California. Os seus fundadores foron Jack Dorsey, Noah Glass, Biz Stone e Evan Williams.[8] Na actualidade conta con personalidades como Barack Obama, Paulo Coelho e unha ampla variedade de políticos, artistas, deportistas etc.[9] Ademais tamén están presentes os principais medios de comunicación mundiais.

Durante algún tempo, o actor británico Stephen Fry foi o usuario máis seguido en Twitter, tal e como informou o xornal The Times[10], aínda que o primeiro en chegar ó millón de seguidores foi o actor estadounidense Ashton Kutcher, seguido de preto pola CNN[11]. Twitter é, ademais, empregado como medio divulgativo: ademais dos medios de comunicación, institucións e entidades educativas, tamén se realizan outras accións divulgativas como son, por exemplo, a conta de usuario de George Orwell (que emprega como base para as actualizacións o seu diario)[12], a publicación en chíos da novela Rayuela de Julio Cortázar[13] ou a retransmisión minuto a minuto da revolución dos caraveis de 1974[14].

No 25 de abril de 2022, Elon Musk, un dos homes máis ricos do mundo; merca a empresa por 44 miles de millóns de dólares e convírtese no propietario.[15]

Twitter en galego

editar

O 7 de maio de 2011 naceu a Iniciativa Twitter en galego da man de Carlos García Vieito, co fin de conseguir traducir a rede social á lingua galega, ao mesmo tempo que promocionar o galego entre os seus usuarios. Despois dun ano de traballo e difusión, a Iniciativa @chio_en_galego[16] contou con grande apoio social, como conseguir crear a primeira tendencia en galego a nivel global como foi #EuNaCidadeDaCultura. O 20 de setembro de 2012, o Centro de Tradución de Twitter permitiu aos voluntarios poder traducir as cadeas da rede social. Cinco meses máis tarde, o 20 de febreiro do 2013, Twitter xa dispuxo do galego entre as súas linguas. A Iniciativa está a traballar na versión móbil.[17]

En 2021 gañou o XII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña.[18]

Terminoloxía en galego

editar
Termo orixinal Termo en galego
Follow Seguir
Follower Seguidor/a
Following Seguindo
Tweet Chío
Retweet Rechouchío
Hashtag Cancelo
Direct messages Mensaxes directas
Trending Topic Tema do momento
  1. "Twitter Company Info". Twitter. 6 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 2 de maio de 2014. 
  2. "Business Search - Business Entities - Business Programs". 2010-04-02. Archived from the original on 02 de abril de 2010. Consultado o 2018-11-13. 
  3. D'Monte, Leslie (2009-04-29). "Swine flu's tweet tweet causes online flutter". Business Standard India. Consultado o 2018-11-13. 
  4. Cano, Rosa Jiménez (2017-11-08). "Twitter aumenta el límite a 280 caracteres para todos los usuarios". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2018-11-13. 
  5. "There's a List for That" (en inglés). Consultado o 2018-11-13. 
  6. "The tricky business of business tweeting". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2018-11-13. 
  7. "Twitter Support : How To Find Your Twitter Short/Long Code". 2010-03-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2010. Consultado o 2018-11-13. 
  8. Carol Tice (14-9-2017). "Jack Dorsey, Noah Glass, Biz Stone, Evan Williams: Twitter". Startups.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14-01-2018. Consultado o 11-2-2018. 
  9. Políticos e actores contan a súa vida en Twitter, Vieiros.
  10. The 50 most popular celebs on Twitter Arquivado 14 de maio de 2009 en Wayback Machine., Times Online (en inglés).
  11. Ashton Kutcher supera o millón de seguidores en Twitter, Código Cero.
  12. Twitter de George Orwell, baseado no seu diario.
  13. Rayuela en Twitter.
  14. O 25 de abril vivirase en "directo" no Twitter, Vieiros.
  15. "Musk merca Twitter por 44.000 millóns de dólares". G24. Consultado o 2022-04-28. 
  16. @chio_en_galego
  17. A falta de tradutor@s pon en perigo o Twitter en galego Arquivado 04 de maio de 2014 en Wayback Machine., Sermos Galiza.
  18. Diario, Nós. "Xaquín Marín, Agrupación Ío e Twitter en galego gañan os Rosalía de Lingua". Nós Diario. Consultado o 2021-06-15. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar