[go: up one dir, main page]

As Illas Turks e Caicos (en inglés: Turks and Caicos Islands; e abreviado TCI;[1] /tɜːrks/ e /ˈkkəs, -ks, -kɒs/) son un territorio de ultramar dependente do Reino Unido e están situadas ao norte da illa A Española, onde se atopan Haití e a República Dominicana, en augas do océano Atlántico.

Modelo:Xeografía políticaTurks e Caicos
Turks and Caicos Islands (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoGod Save the King Editar o valor en Wikidata

Lema«Each Endeavouring, All Achieving»
«Всеки се стреми, всички постигат» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 21°47′N 71°48′O / 21.78, -71.8
EstadoReino Unido Editar o valor en Wikidata
CapitalCockburn Town Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación44.542 (2020) Editar o valor en Wikidata (106,82 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie417 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoBlue Hills (en) Traducir (49 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1973 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe de estadoCarlos III do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
• Premier of the Turks and Caicos Islands (en) Traducir Editar o valor en WikidataWashington Misick (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoTurks and Caicos Islands House of Assembly (en) Traducir , (Escano: 21) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.044.778.790 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidense Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.tc Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+1649 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor en Wikidata
Código de paísTC Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data27 de xaneiro de 2012
Identificador5682

Consisten na gran illa de Caicos Central e as pequenas Illas Turks ou Turcas, dous grupos de illas tropicais no Arquipélago das Lucayas no océano Atlántico e ao norte das Indias occidentais.[2] Son coñecidas principalmente polo turismo e como un centro financeiro extraterritorial. A poboación residente en xullo de 2021 foi de 57.196, polo que é o terceiro máis grande dos territorios británicos de ultramar por poboación[3] dos que 23.769 (2012) vivían en Providenciales nas Illas Caicos.

As illas están ao sueste de Mayaguana na cadea de Bahamas e ao norte da illa da Hispaniola (Haití e República Dominicana). Cockburn Town, a capital desde 1766, está situada na illa Gran Turca a uns 1042 km. ao leste-sueste de Miami, Estados Unidos. Teñen unha superficie total de 430 kilometros cadrados (170 sq mi).[a]

As illas estiveron habitadas durante séculos por pobos indíxenas. O primeiro avistamento europeo rexistrado foi en 1512.[6] Nos séculos posteriores, foron reclamadas por varias potencias europeas, co Imperio Británico finalmente gañando o control. Durante moitos anos estiveron gobernados indirectamente desde as Bermudas, as Bahamas e Xamaica. Cando as Bahamas lograron a independencia en 1973, as illas recibiron o seu propio gobernador, e desde entón seguiron sendo un territorio autónomo.[3]

Etimoloxía

editar

O nome Caico[s] é do lucaiano caya hico, que significa 'cadea de illas'.[7][8][9][10][3] As Illas Turcas reciben o nome do "cacto turco de pucha vermella", Melocactus intortus, cuxo cephalium vermello se asemella ao sombreiro de fez que usaban os turcos a finais do Imperio Otomán.[10][3]

Historia

editar
 
Mapa das illas Turks e Caicos

As illas Turks e Caicos estiveron habitadas durante séculos por pobos nativos amerindios. O primeiro avistamento europeo das illas rexistrado produciuse en 1512.[11] Nos séculos posteriores, as illas foron reivindicadas por varias potencias europeas, finalmente co Imperio Británico logrando o control. Ata o ano de 1962 eran administradas por Xamaica, pero ao conseguir esta a súa independencia pasaron a depender do Gobernador Xeral das illas Bahamas. Cando as Bahamas conseguiron a súa independencia en 1973 pasaron a constituírse como un territorio á parte e aínda que no ano de 1982 o Reino Unido concedeulles a independencia as illas deron marcha atrás e preferiron seguir gobernadas como un territorio dependente da coroa británica, recibiron ao seu propio gobernador e permaneceron como Territorio británico de ultramar.[12]

O gobernador das illas (designado por Isabel II do Reino Unido) actúa de facto como xefe de estado representando a raíña e supervisa os labores dun Consello Lexislativo composto por 19 membros (dos cales só 13 son electos) na cidade de Cockburn Town, a capital do territorio. O xefe de goberno é o Principal Ministro son elixidos. A economía das illas depende do turismo, a pesca e dos investimentos estranxeiros non tributables. A poboación ascende a unhas 31.458 persoas das cales o 90% son de raza negra e o 86% practican o cristianismo protestante. A moeda de curso legal é o dólar estadounidense e desde o día 2 de xullo de 1991 as Illas Turcas e Caicos son membro asociado da Comunidade do Caribe.

Xeografía

editar
 
Mapa das Illas Turks e Caicos.

As illas Turcas e Caicos atópanse ao sueste de Mayaguana na cadea insular de Bahamas, ao nordés de Cuba e aproximadamente 160 km ao norte da illa de A Española (Haití e a República Dominicana). Cockburn Town, a capital desde 1766, está situada na Gran Turca ao redor de 1042 km. ao leste-sueste de Miami, Estados Unidos. As illas teñen unha superficie total de 430 km².[b]

O territorio é xeograficamente contiguo ás Bahamas, ambos forman o Arquipélago das Lucayas, pero politicamente son entidades separadas. As illas Caicos están separadas pola Passage Caicos das illas Bahamas máis próximas, Mayaguana e Gran Inagua. A masa de terra estranxeira máis próxima das illas Turks e Caicos é a illa das Bahamas de Pequena Inagua, a uns 30 quilómetros de Caicos do Oeste.

As oito illas principais e máis de 22 illas menores teñen unha superficie total de terra de 616´3 km², [a] que consiste principalmente en pedra calcaria baixa e plana, con extensas marismas e mangleiros pantanos e 332 km² de fronte de praia. Os picos máis altos das illas son as illas Blue Hills en Providenciales e Flamingo Hill en Caicos do Leste, ambas cuns modestos 48 m.[17] O tempo adoita ser asollado (normalmente considérase que as illas reciben 350 días de sol ao ano[18]) e relativamente seco, pero con frecuentes furacáns.[19] As illas teñen recursos naturais limitados de auga doce. Cisternas privadas recollen auga de choiva para beber. Os recursos naturais primarios son os peixes e mariscos.

Os dous distintos grupos de illas están separados pola Pasaxe das illas Turks.[20]

Illas Turcas

editar

As illas Turks están separadas das illas Caicos pola Pasaxe das illas turcas, que ten máis de 2200 m. de profundidade.[21] As illas forman unha cadea que se estende de norte a sur. A poboación no Censo de 2012 era de 4.939 nas dúas illas principais, as únicas illas habitadas do grupo:

  • Gran Turca (coa capital do territorio, superficie 17´39 km², poboación 4.831)
  • Salt Cay (superficie 6´74 km², poboación 108)

Xunto ás illas próximas, en Turks Bank, as dúas principais illas forman os dous distritos administrativos do distrito (dos seis en total) que están dentro das Illas Turks. Turks Bank, que é máis pequeno que Caicos Bank, ten unha superficie total de aproximadamente 324 km².[22]

As principais illas deshabitadas son:

Mouchoir Bank

editar

25 km. ao leste das Illas Turcas e separada delas pola pasaxe Mouchoir está Mouchoir Bank. Aínda que non ten caios nin illotes emerxentes, algunhas partes son moi pouco profundas e a auga rompe sobre elas. Mouchoir Bank forma parte das illas Turks e Caicos e está dentro da súa Zona Económica Exclusiva. Ten 960 km² de superficie.[23] Dous bancos máis ao leste, Silver Bank e Navidad Bank, están xeograficamente a continuación, pero politicamente pertencen á República Dominicana.

Illas Caicos

editar

A illa máis grande do arquipélago de Caicos é a escasamente habitada Caicos entral, que ten unha superficie de 144 km², pero só ten unha poboación de 168 habitantes no Censo de 2012. A illa máis poboada é Providenciales, con 23.769 habitantes en 2012, e unha superficie de 122 km². Caicos do Norte (116 km² de superficie) tiña 1.312 habitantes. Caicos do Sur (21 km² de supeficie tiña 1.139 habitantes, e Caio Parrot (6 km² de superficie) tiña 131 habitantes. Caicos do Leste (que se administra como parte do distrito Caicos do Sur) está deshabitada, mentres que os únicos habitantes permanentes de Caicos do Oeste (administrados como parte do distrito de Providenciales) son persoal do resort. [Cómpre referencia]

As illas Caicos inclúen as seguintes illas principais:

División Administrativa

editar

As Illas Turcas e Caicos están compostas por seis distritos agrupados en dous grupos de illas: as illas Caicos e as illas Turcas.

Illas Caicos

editar

Illas Turcas

editar

As illas Turcas están divididas por dous distritos:

  • Caio Salt (Salt Cay), con cabeceira de distrito en Balfour Town
  • Illa Gran Turk (Grand Turk), con cabeceira de distrito en Cockburn Town, que é á vez capital das Illas

As illas Turks e Caicos presentan un clima tropical, con temperaturas relativamente consistentes ao longo do ano.[24] As temperaturas do verán raramente superan os 33 °C e as temperaturas nocturnas no inverno raramente caen por baixo de 18 °C.

Datos climáticos para Turks and Caicos Islands : Grand Turk
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 27 27 28 28 29 30 31 31 31 30 29 28 29,1
Media mínima en °C 23 23 23 24 25 26 27 27 27 26 24 24 24,9
Precipitación media mm 36,1 34,0 24,6 35,6 29,5 54,9 30,0 40,4 66,5 74,9 93,5 85,1 605,1
Fonte: Weather.com[25] Weatherbase.com[26]
  1. 1,0 1,1 Alternative sources give different figures for the area of the Islands. The CIA World Factbook gives 430 km2 (170 sq mi),[3] a Unión Europea di 417 km2 (161 sq mi),[4] e a Encyclopædia Britannica di: "Área en marea alta, 238 millas cadradas (616 km cadrados); en baixa marea, 366 millas cadradas (948 km cadrados)".[5] Un informe do Departamento de Planificación Económica e Estatística das Illas Turcas e Caicos dá os mesmos números que a Encyclopædia Britannica. as súas definicións son menos claras.
  2. Alternative sources give different figures for the area of the Islands. The CIA World Factbook gives 430 km2,[13] a Unión Europea di 417 km²,[14] e a Encyclopædia Britannica di "Área en marea alta, 238 millas cadrados (616 km²); en marea baixa, 366 millas cadradas (948 km²)".[15] Un informe do Departamento de Planificación e Estatística Económica das Illas Turks e Caicos dá os mesmos números que a Encyclopædia Britannica aínda que as súas definicións son menos claras.[16]
Referencias
  1. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  2. "Encyclopedia Britannica - Turks and Caicos Islands". Consultado o 20 de xullo de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Turks and Caicos Islands". The World Factbook. Central Intelligence Agency. Consultado o 2022-03-05. 
  4. "EU Relations with Turks and Caicos Islands". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2008. Consultado o 11 de decembro de 2008. 
  5. Ferguson, James A.; Bounds, John H. "Turks and Caicos Islands". Encyclopædia Britannica. Consultado o 2022-03-05. 
  6. "Turks and Caicos Islands". World Directory of Minorities and Indigenous Peoples. Minority Rights Group International. 2007. Arquivado dende o orixinal o 2018-02-10 – vía Refworld. 
  7. Unknown. "Turks and Caicos – History". Geographia.com. Consultado o 2017-03-22. 
  8. "Turks and Caicos". Turksandcaicostourism.com. 2013-01-24. Consultado o 2017-03-22. 
  9. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  10. 10,0 10,1 "About Turks and Caicos". Turks and Caicos Islands. Turks and Caicos Tourist Board. Arquivado dende o orixinal o 2021-12-11. Consultado o 2022-03-04. 
  11. "World Directory of Minorities and Indigenous Peoples – Turks and Caicos Islands: Overview". Minority Rights Group International, 2007.
  12. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  13. "Turks and Caicos Islands". CIA World Factbook. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  14. "International Cooperation and Development - International Cooperation and Development - European Commission". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2008. Consultado o 2008-12-11. 
  15. "Turks and Caicos Islands". Encyclopædia Britannica. Consultado o 13 de marzo de 2013. 
  16. "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xullo de 2011. Consultado o 2013-03-13. 
  17. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  18. "Turks and Caicos In Numbers". Beach House TCI. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015. 
  19. "CIA World Factbook- Turks and Caicos Islands". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2019. 
  20. "Encyclopedia Britannica - Turks and Caicos Islands". Consultado o 20 de xullo de 2019. 
  21. "STS-100 Shuttle Mission Imagery". Spaceflight.nasa.gov. 1 de maio de 2001. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  22. "Produción e comercio histórico pesqueiro dos turcos e a illa de Caicos" (PDF). Seaaroundus.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de agosto de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  23. Turkscaicosbank.com, ed. (11 de abril de 2008). "Turks Caicos Sitio web do banco »Mouchoir Bank". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  24. "Turks and Caicos, CIA – The world factbook". Cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 15 de agosto de 2019. 
  25. "Grand Turk, Turks And Caicos Islands Monthly Weather". Weather.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 2017-03-22. 
  26. "Grand Turk, Turks and Caicos Islands Travel Weather Averages". Weatherbase. Consultado o 2017-03-22. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Goberno

editar

Información xeral

editar