Tribunal Supremo de Wisconsin
O Tribunal Supremo de Wisconsin (en inglés, Wisconsin Supreme Court) é a máis alta instancia xudicial do estado de Wisconsin, nos Estados Unidos. A súa sede está en Madison, a capital estatal e está integrado por sete maxistrados cuxas sentenzas só poden ser apeladas ante o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.
Tribunal Supremo de Wisconsin | |
---|---|
Tipo | Tribunal supremo estatal |
Data de fundación | 1841 |
País | Estados Unidos de América |
43°04′29″N 89°23′05″O / 43.0746, -89.3846 | |
Na rede | |
https://www.wicourts.gov/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Competencias
editarSegundo o artigo sétimo da Constitución estatal, o Tribunal Supremo é o máximo órgano xurisdicional de Wisconsin correspondéndolle, polo tanto, resolver as apelacións dos casos dos xulgados.[1] Ademais, administra o sistema xudicial de Wisconsin encargándose de elaborar o orzamento, planificar as necesidades futuras e xestionar os xurados.[2]
Membros
editarO Tribunal Supremo está composto por sete maxistrados que teñen mandatos de dez anos. Estes xuíces son escollidos por sufraxio entre candidatos independentes en eleccións anuais.[3] Os membros do plenario escollen entre eles a un presidente (chief justice) para un exercicio bianual.[4]
Notas
editar- ↑ "Wisconsin Constitution :: Article VII - Judiciary :: Section 3 - Supreme court: jurisdiction.". Justia Law (en inglés). Consultado o 2023-09-05.
- ↑ "Wisconsin Court System - Supreme Court functions". www.wicourts.gov. Consultado o 2023-09-05.
- ↑ "Wisconsin Courts - The League of Women Voters of the La Crosse Area". www.lwvlacrosse.org (en inglés). Consultado o 2023-09-05.
- ↑ "Wisconsin Supreme Court justices vote Ziegler to second term as chief justice". PBS Wisconsin (en inglés). Consultado o 2023-09-05.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Tribunal Supremo de Wisconsin (en inglés)