[go: up one dir, main page]

Unha tormenta é un fenómeno meteorolóxico marcado por ventos fortes (como nos tornados e furacáns), treboadas, e precipitación forte -xeralmente, choiva ou, nalgúns casos, neve; neste caso, a tempestade chámase tormenta de neve.

Unha tempestade en Enschede, Países Baixos.
Tempestade con descarga eléctrica

Estes meteoros teñen lugar cando se produce unha condensación significativa, resultando na produción de auga en estado líquido e cristais de xeo nun espazo inestábel da atmosfera. Poden ser particularmente destrutivas, tanto para o home como para os hábitats naturais.