Tenorio, Cerdedo-Cotobade
San Pedro de Tenorio é unha parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. É a parroquia con maior poboación do concello. Segundo o IGE[2] en 2015 tiña 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.
Tenorio | |
---|---|
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°28′00″N 8°33′01″O / 42.46663262, -8.55023799 |
Área | 13,1 km² |
Poboación | 1098 hab. (2019) |
Densidade | 83,82 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita ao norte con Fragas (Campo Lameiro) e Viascón, ao sur con Almofrei e Borela, ao leste con Viascón, Rebordelo e Borela, e ao oeste con Xeve e Bora. Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.
Pola parroquia discorre a estrada N-541.
Patrimonio
editarNo lugar de Parada está o Coto das Rodelas, os restos dun poboado castrexo da idade de ferro.
Na parroquia está o mosteiro de San Pedro de Tenorio, e preto del atopábase o castelo de Tenorio, derrubado na Gran Guerra Irmandiña. Neste castelo naceu o nobre medieval Alonso Jofre Tenorio, fillo de Diego Alonso Tenorio, que participou xunto ao rei Afonso X o Sabio en varias campañas militares.
Represión en Tenorio
editarTralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, leváronse a cabo varias accións represivas na parroquia, ben contra habitantes da mesma, ben contra persoas doutros lugares. O 9 de novembro dese ano foron asasinados 6 dirixentes das sociedades obreiras de Lalín: Luís Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luís Varela Sobrado, José Montouto Rodríguez e Eliseo Garra Lalín;[3] catro republicanos de Arbo, Alfonso Alonso Portugués, Juan Alonso Pérez, José Gómez Sampayo e Telmo Rodríguez Alonso; e Antonio Picallo Buela, da Estrada.
Cultura
editarA Unión Musical de Tenorio ten a súa orixe na Banda de Música Xuvenil 85, formada en 1985 por José Bugallo Diz. Logo de desavenzas a Banda dividiuse, nacendo a Banda de Música Lírica de Tenorio. As dúas agrupacións reunificáronse en 1999, contando actualmente con máis de 40 membros de entre 10 e 35 anos. En 2002 acadou o 3º posto no II certame de bandas da Deputación de Pontevedra.
Once dos membros da Unión Musical forman parte ao tempo da charanga Charandonga de Tenorio, formada en 2007 e cun repertorio máis festivo e actual.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Tenorio, Cerdedo-Cotobade.
-
Ponte sobre o río Tenorio.
-
Vista do Convento e da Igrexa de San Pedro.
-
Estatua dedicada a San Pedro.
-
Pan de Tenorio.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 28 de abril de 2021.
- ↑ Igrexas, Manuel: "A masacre dos líderes obreiros en Tenorio" (30/8/2012) en Historias de Deza.
Lugares e parroquias
editarLugares de Tenorio
editarLugares da parroquia de Tenorio no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Barro | A Cal | Calvelo | O Castro | Covas | A Esquipa | A Laxe | Lérez | O Outeiral | Parada | Rascadería | O Río Tenorio | A Torre Vella | Tralasmós | Vilanova | Zamar |