Systema Naturae
O libro Systema Naturæ (abreviado Syst. Nat.) foi unha das principais obras do médico, botánico e naturalista sueco Linneo.
O seu título completo é "Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis" ("Sistema natural, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares").[1][2][3]
Co seu sistema, Linneo, profundo crente, pensaba que estaba clasificando a creación de Deus.
A décima edición deste libro (1758) está considerada como o punto de partida formal da nomenclatura zoolóxica.[4]
Descrición
editarLinneo publicou a primeira edición do Systema naturae no ano 1735, durante a súa estancia nos Países Baixos. Como era costume para a literatura científica da época, o libro publicouse en latín. Nel expoñía as súas ideas para a clasificación xerárquica do mundo natural, dividíndoo nos clásicos tres reinos, o reino animal (Regnum animale), o reino vegetal (Regnum vegetabile) e o "reino mineral" (Regnum lapideum).
Para a clasificación do reino vexetal Linneo segue o seu novo sistema sexual, en que as especies co mesmo número de estames se inclúen no mesmo grupo. A clasificación dos animais era máis natural. Por exemplo, os seres humanos foron por primeira vez colocados xunto a outros primates (como Anthropomorpha).
En vista da popularidade da obra, Linneo continou a publicación de novas edicións, ampliando en cada unha a precedente, desde as once páxinas da primeira edición (1735) ás tres mil páxinas da déciimo terceira e última edición (1770). Ademais, segundo avanzaba no traballo, fixo modificacións: na primeira edición as baleas foron (erroneamente) clasificadas como peixes; na 10ª edición, publicada en 1758, as baleas xa se identificaron como mamíferos.[5] Nesta mesma edición introduce para as especies animais un nome científico formado por dous termos (xenérico e específico), a denominada nomenclatura binomial, algo que xa fixera para as especies de plantas en 1753, na publicación de Species Plantarum.
Notas
editar- ↑ tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné 1767
- ↑ tomus II (Regnum vegetabile)
- ↑ tomus III (Regnum lapideum)
- ↑ Gribbin, Mary (2008). Flower hunters. Oxford: Oxford University Press. p. 47. ISBN 978-0-19-280718-2. OCLC 183610492.
- ↑ O que non convenceu a varios estudosos, por exemplo, a Cornide Saavedra que, aínda así, seguiu o criterio linneano no seu Ensaio sobre os peixes de Galicia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Blunt, Wilfrid (2004): The Compleat Naturalist: A Life of Linnaeus. Londres: Frances Lincoln. ISBN 0-7112-2362-9. Resumo
- Brightwell, Cecilia Lucy (1858): A life of Linnaeus. Londres: J. Van Voorst. Ver libro en liña
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sexta edición (1748), Estocolmo: Caroli Linnæi: Systema naturæ sistens regna tria naturæ, in classes et ordines, genera et species redacta tabulisque æneis illustrata, editio sexta emendata et aucta 1748, Stockholmiæ, impensis Godofr. Kiesewetteri (Kiesewetter publ..)
- Décima edición (1758), Estocolmo: Caroli Linnæi: Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.)
- Duodécima edición (1766-78), Estocolmo: Caroli Linnaei: Systema naturae per regna tria naturae, tomus I (Regnum animale) pars 1 / Caroli a Linné Editio duodecima reformata 1766, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.), tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné 1767, tomus II (Regnum vegetabile), tomus III (Regnum lapideum)