[go: up one dir, main page]

Spalax

xénero de mamíferos

Spalax é un xénero de roedores da familia Spalacidae, subfamilia Spalacinae, que comprende as xeralmente chamadas ratas toupa cegas. É un dos dous xéneros existentes da subfamilia Spalacinae, xunto co Nannospalax.[2]

As especies deste xénero viven en Europa oriental e Asia occidental e central.[3] Son completamente cegas e teñen un estilo de vida subterráneo similar ao das toupas (que non son roedores). Xa Jean-Baptiste Lamarck sinalara que eran cegas e tiñan ollos vestixiais.[4]

Taxonomía

editar

Antes de 2013, Spalax era xeralmente o único xénero considerado dentro de subfamilia Spalacinae, que comprendía todas as especies de ratas toupa cegas. Porén, probas filoxenéticas e morfolóxicas apoiaron que algunhas das especies formaban unha liñaxe distinta que diverxeu das outras no Mioceno tardío, cando se formou unha barreira mariña entre Anatolia e os Balcáns. Estas especies foron reclasificadas no xénero Nannospalax, quedando as restantes en Spalax.[2]

Especies do xénero Spalax

editar
  1. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  2. 2,0 2,1 Hadid, Yarin; Németh, Attila; Snir, Sagi; Pavlíček, Tomáš; Csorba, Gábor; Kázmér, Miklós; Major, Ágnes; Mezhzherin, Sergey; Rusin, Mikhail; Coşkun, Yüksel; Nevo, Eviatar (2012-01-09). "Is Evolution of Blind Mole Rats Determined by Climate Oscillations?". PLOS ONE (en inglés) 7 (1): e30043. Bibcode:2012PLoSO...730043H. ISSN 1932-6203. PMC 3253805. PMID 22253871. doi:10.1371/journal.pone.0030043. 
  3. Database, Mammal Diversity (2022-02-01). "Mammal Diversity Database". doi:10.5281/zenodo.5945626. Consultado o 2022-03-08. 
  4. Lamarck, Jean-Baptiste (1809). Philosophie zoologique ou exposition des considérations relatives à l'histoire naturelle des animaux. Dentu. 
  5. 5,0 5,1 Németh, Attila; Homonnay, Zalán G.; Krízsik, Virág; Csorba, Máté; Pavlíček, Tomáš; Hegyeli, Zsolt; Hadid, Yarin; Sugár, Szilárd; Farkas, János; Csorba, Gábor (2013). "Old views and new insights: taxonomic revision of the Bukovina blind mole rat, Spalax graecus (Rodentia: Spalacinae)" (PDF). Zoological Journal of the Linnean Society 169 (4): 903–914. doi:10.1111/zoj.12081. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar