Simon and Garfunkel
Simon and Garfunkel foi un dúo musical de folk rock composto polo cantautor Paul Simon e o cantante Art Garfunkel, formado en 1957. Foron moi populares na década de 1960.
Simon & Garfunkel | |
---|---|
Simon & Garfunkel tocando en Dublín. | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1957–1970 1981–1983 2003–2004 2009–2010 |
Xénero(s) | Folk rock, folk, soft rock |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia |
Antigos membros | Paul Simon Art Garfunkel |
Na rede | |
Páxina oficial | |
|
Traxectoria
editarCoñecéronse mentres estudaban no instituto en 1957 e alí formaron o grupo Tom and Jerry, que tiña como canción senlleira "Hey Schoolgirl". Xa como Simon and Garfunkel o seu primeiro álbum "Wednesday Morning, 3 A.M" (1964) pasou desapercibido ata que o produtor, Tom Wilson tivo a idea de engadir guitarras eléctricas a un dos temas do álbum e relanzalo, o dúo saltou, pois, á fama en 1965 con "The Sound of Silence". A súa música foi banda sonora do filme que foi mítico para toda unha xeración, O graduado e que lles deu fama mundial. Cun novo estilo emparentado co folk Simon and Garfunkel estiveron entre os artistas máis populares dos sesenta con cancións como "Mrs. Robinson," e "Bridge over Troubled Water". Despois da súa ruptura en 1970 eles xuntáronse en varias ocasións, a máis coñecida foi o concerto de Central Park, que axuntou 500.000 persoas en 1981.
Discografía
editar- Wednesday Morning, 3 A.M. (1964)
- Sounds of Silence (1966)
- Parsley, Sage, Rosemary and Thyme (1966)
- Bookends (1968)
- Bridge over Troubled Water (1970)
Premios
editar- En 1969 co single "Mrs. Robinson" do álbum The Graduate
- En 1971 con Bridge Over Troubled Water (galardoado como mellor álbum)
- En 2003 por toda a súa carreira musical
Na cultura popular
editar- O asteroide "1999 FP21" nomeouse "91287 Simon-Garfunkel" na súa honra. Cita
- Na película "Case Famosos" (Cameron Crowe), ao inicio desta, a irmá do protagonista (William Miller) entra á súa casa escondendo un disco de Simon and Garfunkel porque a súa nai non deixa aos seus fillos escoitar rock.
- Na película "Sucedeu en Manhattan" (Jennifer Lopez), Ty Ventura, fillo da protagonista, é un afeccionado ao grupo e pregúntase por que se separaron.