Escorpións
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde outubro de 2016) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Escorpión Rango fósil: Silurio - Actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Escorpión en Tailandia | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||
Os escorpións ou alacráns son animais invertebrados artrópodos (con patas formadas por varios segmentos) que pertencen á orde Scorpiones estando encadrado na clase dos arácnidos.
Etimoloxía e orixes
editarO nome escorpión deriva do latín scorpio/scorpionis. Existen rexistros científicos da existencia dos escorpións hai máis de 400 millóns de anos. Segundo indagacións, foron eles os primeiros artrópodos que conquistaron o ambiente terrestre. Nesta adaptación, foilles moi útil a carapaza de quitina que compón o seu exoesqueleto e que evita a evaporación excesiva.
Actualmente xa están catalogadas preto de 1.600 especies e subespecies distribuídas en 116 xéneros diferentes en todo o mundo.
Ciclo vital
editarOs escorpións son animais terrestres que prefiren lugares secos ou húmidos e poden ser atopados en desertos, sabanas, cerrados, forestas temperadas e tropicais, en hábitats que poden ser debaixo de follas, pedras, madeiras, fendas de rocha, debaixo ou dentro de ladrillos, baixo entullos de calquera natureza ou mesmo baixo cascas soltas de árbores, no baixo ou en grandes alturas destas. Algunhas especies poden ser atopadas en covas humanas, dormentes de ferrocarrís, ao longo das praias, na zona entre mareas ou en cavernas.
Existen escorpións en todos os continentes, agás na Antártida. Atopamos especies nos Alpes suízos e Europa en xeral, en México, os Estados Unidos e o Canadá, en América do Sur en xeral, entre lixo e entullos das pequenas e grandes cidades, no Amazonas, en Oceanía, no norte do Mediterráneo, no Oriente Medio, na India, no norte e sur da África e Asia.
Son animais carnívoros e teñen xeralmente hábitos nocturnos e crepusculares, cando cazan e se reproducen. A súa alimentación está baseada en diversos insectos tales como grilos, escaravellos, cascudas, e tamén doutros aracnídeos, as arañas. Unha curiosidade é o feito de que, en tempos de escaseza completa de alimento, practican o canibalismo para sobreviviren, ou sexa, devoran os seus semellantes. Os escorpións conseguen comer cantidades inmensas de alimento, mais só precisan inxerir un 10% da comida que necesitan, podendo pasar ata un ano sen comer e consumindo pouquísima auga, case nada durante a súa vida enteira.
Os predadores naturais do escorpión son diversos mamíferos, aves, sapos, lagartos, serpes, e nalgunhas ocasións os propios escorpións.
Reprodución
editarA reprodución da gran maioría da especie é monoica, ou sexa, non exixe a presenza de machos e femias, senón que algúns escorpións son partenoxenéticos, isto é, reprodúcense sen a necesidade da presenza do macho. Como noutras especies, hai unha danza nupcial que antecede o acasalamento. O macho limpa o chan cos peites e deposita aí unha cápsula contendo espermatozoides (espermatóforo). Deseguida, arrastra a femia por riba dos espermatóforos co fin de que os reciba.
Os escorpións son vivíparos, ou sexa, non poñen ovos. Poden xerar de 6 a 90 crías e a incubación demora de dous meses e medio a tres. As crías nacen completamente brancas e por medio de parto, a través dunha fenda xenital. Fican pegados ao dorso materno de 10 a 14 días ata completarse a primeira muda (canto máis novo o esporpión, máis mudas el fará) ata que consigan obter o seu propio alimento soíños. Alcanzan a idade adulta con cerca dun ano de vida.
Características
editarAs súas cores varían do amarelo palla ao negro total, pasando por tons intermedios, como o amarelo-avermellado, vermello-amarronzado, marrón e tons de verde ou mesmo de azul.
O corpo dos escorpións está dividido en prosomo (cefalotórax), mesosomo e metasomo.
- O prosomo é a rexión anterior, onde se atopan os ollos, quelíceras, pedipalpos terminados en quelas (pinzas), catro pares de patas e os pentes.
- O mesosomo é a rexión larga do corpo, onde se atopan as aberturas dos pulmóns e o opérculo xenital.
- O metasomo é vulgarmente coñecido como cauda ou rabo, onde hai unha estrutura cilíndrica cun espiño na punta, chamada telson (o ferrón), dúas glándulas de veleno e o ano.
Veleno e toxicidade
editarO ferrón do escorpión (chamado telson), alén de servir para agarrar a presa, defenderse e aparearse, inocula na presa un veleno. Este veleno contén unha serie de substancias cuxa composición química non está ben definida, pero que contén neurotoxinas, histaminas, serotonina, encimas, inhibidores de encimas e outras. Parece, segundo os investigadores, que as neurotoxinas actúan sobre as células nerviosas da presa (arañas e insectos), cunha certa especificidade, dependendo do tipo de animal.
É interesante saber que a toxicidade do veleno dun escorpión pode ser comparada co tamaño dos seus pedipalpos (o equivalente ao brazo humano do escorpión); canto máis robustos son os pedipalpos, menos veleno utiliza para as súas presas e canto menores eles foren, máis letal é o veleno do escorpión.[Cómpre referencia]
O veleno de escorpións do tipo Tityus serrulatus, que parece ser o veleno máis tóxico de todos os escorpións, actúa sobre o sistema nervioso periférico dos humanos, causando dor, puntadas, aumentando a pulsación cardíaca e diminuíndo a temperatura corporal. Estes síntomas, debido ao seu peso corporal, son máis acentuados en nenos e, debido ás condicións físicas, en enfermos. Todos os escorpións son velenosos, porén non mortais para os humanos. A súa picada aseméllase en grao de toxidade ao da picada dunha abella.
O tratamento consiste na aplicación local na picada dun anestésico (lidocaina a 2%) e soro antiescorpiónico (obtido de escorpións vivos). O tratamento debe ser hospitalario, de preferencia coa presentación do escorpión para facilitar o diagnóstico e o tratamento.
Previndo accidentes
editarOs escorpións só atacan o ser humano cando se senten acuados e en circunstancia de defensa. Antes de que ocorra un accidente con escorpións débense tomar algunhas medidas básicas para evitar o mesmo. Vexa a seguir:
- Sacuda e examine calzados e roupas antes de usalos;
- Manteña limpos os locais próximos a residencias evitando acumulación de lixo, entullos e materiais de construción;
- Manteña o hábitat familiar libre de cascudas, que son recoñecidas como un dos principais alimentos dos escorpións nos centros urbanos.
- Non coloque mans e pés dentro de buracos, montes de pedras ou leñas;
- Use sempre calzados e luvas nas actividades rurais ou de xardinería;
- Use teas e vedantes en portas e ventás;
- Crie aves domésticas en zonas rurais, que actúan como predadores naturais;
- En áreas sabidamente escorpiónicas, manteña as camas a unha distancia mínima de 10 cm das paredes.
E se houber un accidente?
editarSe aínda así un accidente con escorpións ocorrese, primeiro debese evitar o pánico, lavar a zona con auga e xabón, aplicar compresas de auga morna e procurar un médico.
O ser humano, despois de ser picado, pode ter hipotermia ou hipertermia, sudación profunda, visión embazada, náuseas, vómitos, dor abdominal, diarrea, arritmias cardíacas, choque, taquipnea, edema pulmonar agudo, axitación, somnolencia, confusión mental e tremores, alén de inchazo e vermellez no lugar da picada.
Saliéntase que a toxicidade do veleno depende de diversos factores, tales como a especie do escorpión (de 1.600 especies catalogadas apenas 25 son velenosas para o home); a cantidade de veleno inxectada; o tamaño e o estado físico da vítima.
Atención especial para nenos e enfermos: mentres que os nenos teñen máis posibilidades de envelenamento porque posúen menor masa corporal, os enfermos tamén caen nesta situación xa polo estado natural da vellez. Xa se constataron casos de persoas alérxicas ao veleno do escorpión, nestes casos o veleno actúa moi axiña, podendo levar a vítima á morte en pouco tempo.[Cómpre referencia]
É recomendábel a captura do escorpión para que sexa identificado máis rapidamente o antídoto a ser aplicado.[Cómpre referencia]
Mitoloxía
editarEratóstenes (Catasterismos, 32) di que o xigante Orión intentou violar a Ártemis e esta creou un escorpión xigantesco que o matou. Logo Zeus transformou a ambos nas constelacións de Orión e de Escorpión, respectivamente. Outras versións din que o matou por ousar retarlle a lanzar o disco ou por violar a Opis, unha das virxes que acompañaban á deusa.
Hixino (Astronomía, II, 34) aínda recolle outra tradición, segundo a cal Orión vangloriábase de ser quen de matar a calquera animal co que se atopase, ante o que a Terra, indignada, fixo nacer ese inmenso escorpión, que acabou con el [1].
Notas
editar- ↑ PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016, Libro I, 4, 4 e nota 42 da tradutora.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escorpións |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Escorpións |
Bibliografía
editar- M. E. Braunwalder: Scorpiones. Fauna Helvetica. Bd 13. CSCF/SZKF, Neuchâtel 2005, ISBN 2-88414-025-5.
- J. Leeming: Scorpions of Southern Africa. Struik Publishers, Cape Town 2003, ISBN 1-86872-804-8.
- Garry A. Polis (Hrsg.): The Biology of Scorpions. Stanford University Press, California 1990, ISBN 0-8047-1249-2.
- W. Bücherl: Classification, Biology and Venom Extraction of Scorpions. in: Wolfgang Bücherl, Eleanor E.Buckley: Venomous Animals and their Venoms. Academic Press, Nova York 1971, pp. 317–348, ISBN 0-12-138902-2.
- V. Fet, W. D. Sissom, G. Lowe & M. E. Braunwalder: Catalog of the Scorpions of the World (1758–1998). The New York Entomological Society, Nova York 2000, ISBN 0-913424-24-2.