Santa Clara é unha cidade que se atopa no estado de California, Estados Unidos. No censo de 2010 tiña unha poboación de 116.468 habitantes, o que supón unha densidade de 2.400 persoas por km², facéndoa a novena cidade con maior poboación da área da baía de San Francisco. Santa Clara está situada no centro de Silicon Valley e é sede de moitas compañías de alta tecnoloxía, como por exemplo Intel. Na cidade tamén se encontra o Levi's Stadium, estadio onde xogan os seus partidos os San Francisco 49ers, equipo da liga de fútbol americanoNFL.