Santa Catarina, Brasil
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2023.) |
Santa Catarina é un estado brasileiro localizado no centro da rexión Sur. Limita ao norte co estado do Paraná, ao leste co océano Atlántico, ao sur co estado de Río Grande do Sur e ao oeste coa Arxentina. Ocupa unha superficie de 95.442,9 km². A súa capital é Florianópolis.
Himno | Hino do estado de Santa Catarina (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Catarina de Alexandría | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | Florianópolis | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.001.161 (2017) (73,13 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua caingangue (pt) Guarani chiripá (pt) língua xoclengue (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 95.730,7 km² | ||||
Altitude | 627 m | ||||
Punto máis alto | Morro da Boa Vista (pt) (1.827 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 | ||||
Santo padrón | Catarina de Alexandría | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Governo de Santa Catarina (pt) | ||||
• Governador (pt) | Carlos Moisés da Silva (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa de Santa Catarina (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 40) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-SC | ||||
Páxina web | sc.gov.br |
As cidades máis poboadas son Joinville, Florianópolis, Blumenau, Criciúma e Chapecó. É un dos estados con máis elevacións nas súas terras: uns 52% do territorio esta por encima dos 600 metros. Os ríos principais son o Uruguai, o Canoas, o Pelotas, o Negro, o Itajaí e o Iguazú.
Historia
editarA rexión costeira do territorio que constitúe hoxe Santa Catarina foi, desde a época de descubrimento, visitada por navegantes de diversas nacionalidades. Entre as versións, atópase a da presenza do francés Binot Paulmier de Gonneville, que tería visitado a rexión durante seis meses, en 1504. Non existen dúbidas das viaxes dos portugueses Nuno Manuel e Cristóvão de Haro, que alí estiveron en 1514, e deron nome á Illa dos Patos, a actual illa de Santa Catarina. No ano seguinte, Juan Díaz de Solís pasou por aí en dirección ao río da Prata. Once náufragos desa expedición foron recibidos polos indios carijós e iniciaron con eles unha intensa mestizaxe. Estes aborixes vivían da caza e a pesca, eran notábeis teceláns de redes e cestos, e traballaban obxectos en pedra.
Expedicións españolas
editarVarias expedicións españolas detivéronse no litoral catarinense no seu rumbo ao río da Prata: Rodrigo de Acuña, en 1525, deixou 17 tripulantes na illa. Sebastián Caboto, en 1526-1527, abasteceuse na rexión e foi rumbo ao río da Prata, para logo retornar. Despois de Caboto, chegaron Diego García e, en 1535, Gonzalo de Mendoza. En 1541, Álvar Núñez Cabeza de Vaca partiu da illa de Santa Catarina para traspasar a Serra do Mar e chegar por terra a Paraguai.
Co propósito de ocupar o Brasil meridional, o goberno español nomeou a Juan Sanabria gobernador de Paraguai, coa misión de colonizar a rexión do Río da Prata e poboar tamén o porto de São Francisco do Sul, en Santa Catarina. Coa morte de Juan Sanabria, tomou posesión do cargo o seu fillo Diogo. Algúns navíos da expedición lograron chegar á illa de Santa Catarina, onde os españois permaneceron por dous anos. Dividíronse en dous grupos: un deles en Asunción; e o outro, liderado por Hernando Trejo de Sanabria, estableceuse en São Francisco. Coa continua ameaza de ataque, retornaron para Asunción.
Xeografía
editarClima
editarNo litoral, o clima é subtropical, con calor no verán e ventos máis fríos e intensos no inverno. Xa nos puntos máis altos da serra é clima temperado, máis frío, e poden ocorrer xeadas e ata mesmo neve nos invernos máis fortes.
En marzo de 2004 observouse, no sur do estado, a formación do primeiro furacán que se ten noticia no Hemisferio Sur: o furacán Catarina, con ventos de ata 160 km/h, que deixou prexuízos materiais e 3 vítimas fatais.
Economía
editarA economía básase na industria (téxtil, cerámica, maquinas e equipamentos, motores eléctricos), na extracción mineral (minas de arxila, fosfato, carbón e cuarzo), na pesca e na agroindustria: o estado é un importante exportador brasileiro de carnes de polo e de porco, in natura o industrializada. Finalmente, a súa agricultura tamén é importante: é o principal produtor brasileiro de mazá e doutras froitas de clima frío, ademais de producir tamén millo.
Tamén destácase o turismo, nas belas praias de Florianópolis, Balneário Camboriú (moi procurada por turistas arxentinos), Garopaba, Penha e outras. As cidades de montaña da Serra Catarinense (Lajes, São Joaquim e Urubici) atraen turistas brasileiros no inverno, na expectativa de caídas de neve. Outros atractivos son as súas paisaxes naturais, como a da Serra do Rio do Rastro, ou o Parque Nacional de Aparados da Serra, na divisa co estado de Rio Grande do Sul.
Demografía
editarColonización
editarAdemais dos pobos comúns á formación do pobo brasileiro (indios, negros africanos e brancos portugueses), en Santa Catarina temos unha grande influencia de inmigrantes italianos e alemáns, que fundaron cidades como Joinville, Blumenau, Frederico Westphalen e outras. Dous dialectos alemáns, o pomerano (xa extinto na súa rexión de orixe), e o plattdüütsch ou baixo alemán, foron preservados polos descendentes destes inmigrantes. Minorías de orixe polacas e ucraínas tamén colonizaron o estado.
Cidades
editarCidade | Rexión | Poboación | Cidade | Rexión | Poboación | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Joinville | Norte Catarinense | 497.331 | 11 | Brusque | Val do Itajaí | 102.280 | Joinville Florianópolis Blumenau | ||
2 | Florianópolis | Grande Florianópolis | 408.161 | 12 | Balneário Camboriú | Val do Itajaí | 102.081 | |||
3 | Blumenau | Val do Itajaí | 299.416 | 13 | Tubarão | Sul Catarinense | 96.529 | |||
4 | São José | Grande Florianópolis | 201.746 | 14 | São Bento do Sul | Norte Catarinense | 76.514 | |||
5 | Criciúma | Sul Catarinense | 188.557 | 15 | Caçador | Oeste Catarinense | 70.720 | |||
6 | Chapecó | Oeste Catarinense | 174.187 | 16 | Concórdia | Oeste Catarinense | 70.393 | |||
7 | Itajaí | Val do Itajaí | 172.081 | 17 | Rio do Sul | Vale do Itajaí | 59.962 | |||
8 | Lages | Serrana | 167.805 | 18 | Araranguá | Sul Catarinense | 59.537 | |||
9 | Jaraguá do Sul | Norte Catarinense | 139.017 | 19 | Camboriú | Vale do Itajaí | 57.793 | |||
10 | Palhoça | Grande Florianópolis | 130.878 | 20 | Navegantes | Vale do Itajaí | 57.324 | |||
Fonte: IBGE, censo de poboación de 2009[1] Florianópolis, São José, Palhoça e Biguaçu forman parte da Rexión Metropolitana de Florianópolis. Criciúma e Içara forman parte da Rexión Metropolitana Carbonífera. |
Notas
editar- ↑ "População residente, em 1º de julho de 2009: Publicação Completa" (PDF). IBGE. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2009. Consultado o 14 de outubro de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Catarina, Brasil |