STS-92
STS-92 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 11 de outubro de 2000 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral. Marcou o centésimo voo dun transbordador.[2][3][5][6]
STS-92 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-92. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 11 de outubro de 2000, 23:17 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 12,90 días[6] |
Obxectivo da misión | Construción e provisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6] |
Regreso | 24 de outubro de 2000[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 2000-062A |
Características
editarSTS-92, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para continuar a construción da Estación Espacial Internacional e provisionala con subministracións. Levou a viga Z1, varios xiroscopios, un adaptador de acoplamento e dous radiadores á estación. A tripulación fixo un total de catro paseos espaciais e antes de partir a Discovery elevou a órbita da estación cos seus propulsores.[3][5][6][7]
A tripulación estaba formada polo comandante Brian Duffy, a piloto Pamela A. Melroy e os especialistas de misión Koichi Wakata, Leroy Chiao, Peter J. K. Wisoff, Michael López-Alegría e William S. McArthur.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 24 de outubro de 2000.[3][5][6][7]
Notas
editar- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 92" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 23 January 2001 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80608(E)). 1 de febreiro de 2001: 4. Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 92" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-92 / ISS-3" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-92" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (15 de febreiro de 2010). "STS-92" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-92 |