[go: up one dir, main page]

Século de Ouro

período artístico en España

O Século de Ouro é o período histórico do século XVII, no que a literatura en castelán e as artes en España acadan un dos seus mellores niveis. Durante os reinados de Filipe III e Filipe IV, autores -como Miguel de Cervantes, Lope de Vega, Francisco de Quevedo ou Calderón de la Barca-, pintores e músicos de España fan que as letras castelás e as artes hispanas sexan admiradas por toda Europa.

Anaco do Enterro do Conde de Orgaz do Greco

Talvez sería máis apropiado falar dos Séculos de Ouro, en plural, pois abarcan a época clásica ou de apoxeo da cultura española tanto do Renacemento (século XVI) como do Barroco (século XVII). Existen dúas datas clave :

O punto máis alto deste apoxeo atópase na obra de Miguel de Cervantes e Lope de Vega.

O cadro deste período

editar

O Século de ouro español correspondelle á época na cal a economía e a política da España se estenden polo mundo. Xeralmente iniciase co ano 1492, ano de tres destacados sucesos: o final da Reconquista, a primeira viaxe ao Novo Mundo de Cristovo Colón e a publicación da Gramática de Nebrija. O período acábase despois da independencia das Provincias Unidas fronte á España dos Habsburgo, recoñecida en 1648.

É un período de vitalidade arística extraordinaria na España e nos países castelanfalantes do Novo Mundo. Na historia da Arte o período é asimilado ao Renacemento español. Esta vitalidade atópase tamén nos países castelanfalantes de América latina. Juana Inés da Cruz, o último grande escritor desta idade de ouro morre en Nova España no 1695. Na literatura e nas artes identifícase o Século de ouro, nos seus aspectos culturais co século XVII.

Escritores do Século de Ouro

editar

Pintores do Século de Ouro

editar

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar