Rubén García Fernández
promotor cultural galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rubén García.
Rubén García Fernández, nado en Ribadavia en 1951 e finado na mesma vila o 21 de outubro de 2008, foi un promotor cultural galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 Ribadavia, España |
Morte | 21 de outubro de 2008 (56/57 anos) Ribadavia, España |
Causa da morte | esclerose lateral amiotrófica |
Traxectoria
editarEn 1973 foi un dos promotores da Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, que se considera o punto de partida do teatro contemporáneo en Galicia, e onde naceu o grupo Abrente de dramaturgos. Posteriormente foi o director da súa continuación, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, dende 1984 e tamén de varias edicións da Feira do Teatro de Galicia.
Recibiu o premio María Casares de honra pola súa traxectoria de apoio ao teatro.
Faleceu como consecuencia dunha esclerose lateral amiotrófica[1].
Notas
editar- ↑ "Falece Rubén García, director da Mostra de Teatro de Ribadavia" Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Galicia Hoxe, 22 de outubro de 2008.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "García Fernández, Rubén". Dicionario biográfico de Galicia II. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 140.