[go: up one dir, main page]

Romeu

arbusto mediterráneo
Romeu

Rosmarinus officinalis
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Lamiaceae
Subfamilia: Nepetoideae
Tribo: Mentheae
Subtribo: Salviinae
Xénero: Rosmarinus
Especie: 'R. officinalis'
Nome binomial
'Rosmarinus officinalis'
L., Sp. Pl.,1, 23, 1753[1]

O romeu (Rosmarinus officinalis),[2] tamén chamado alecrín[3], é un arbusto que habita na rexión mediterránea da Europa meridional, Norte de África e tamén, na Asia menor. En España, áchase na maior parte de Cataluña, ata os Pireneos en Aragón e Navarra, Castela-A Mancha, Murcia, Estremadura, e nas zonas montañosas da Comunidade Valenciana, Andalucía e nas Illas Baleares. En estado silvestre é pouco común na Galiza e no norte da Península Ibérica.

Rosmarinus officinalis

Etimoloxía

editar

Rosmarinus semella derivar das palabras latinas "Ros" (=Resío) e "Marinus", por ser unha especie que adoita estar nas zonas costeiras; ou ben dos vocábulos gregos "Rhops" (=Mato) e "Myrinos" (=recendente).

A palabra officinal refírese ó seu uso como planta medicinal, do latín officina (depósito ou obradoiro).

Ecoloxía

editar

O romeu críase en todo tipo de solos, preferibelmente naqueles áridos, secos e algo areoso e permeábeis, adaptándose moi ben ós solos pobres.

A planta medra en zonas litorais e de montaña baixa (ladeiras), dende a costa ata os 1500 metros de altitude. A máis altura, dá un menor rendemento na produción de aceite esencial. Forma parte das matogueiras que se desenvolven nas zonas secas e soleadas de aciñeiras: zonas degradadas pola deforestación ou a queima e nas ladeiras pedregosas e erosionadas. Florece dúas veces ao ano, unha na primavera e outra no outono.

Descrición

editar
 
Póla de romeu

O romeu é un mato leñoso de follas perennes e moi ramificado, pode chegar a acadar os 2 metros de altura. Atopámolo de cor verde todo o ano, con talos novos borrosos (aínda que a borra se perde ao medrar) e talos anellos de cor vermella e cunha codia fendida.

Follas

editar
 
Follas de romeu
 
Follas de romeu secas

As follas do romeu son pequenas e moi abondosas, presentan forma liñal. Son opostas, sensíbeis, enteiras, e cuns bordeis cara a abaixo e cunha cor verde escura, mentres que polo seu reverso teñen unha cor abrancazada e están cubertas de pelo. Na zona de unión da folla co talo nacen os ramalletes floríferos.

Flores

editar

As flores son duns 5 mm de longo. A súa corola é bilabiada e posúe unha soa peza. A súa cor é azul, violeta pálido, rosa ou branco, co cáliz verde ou algo vermello, tamén bilabiado e con forma de campá. As súas flores axilares, moi aromáticas e melíferas, atópanse en riba das pólas, estas posúen dous estames encorvados que están soldados á corola e teñen un pequeno dente.

Froito

editar

O seu froito, pechado no fondo do cáliz , está formado por catro pequenas noces trasovadas, en tetraquenio, dunha cor parda.

 
Mata de romeu florecida.
 
Talo da variedade 'Irene'

Variedades

editar

Existe outro romeu moito máis escaso no sur e no sueste da península, e na zona subcosteira das provincias de Almería e Granada, o Rosmarinus eriocalix que vive tamén no norte de África, diferénciase doadamente polas súas inflorescencias densamente cubertas de longos cabelos glandulares e as súas curtas follas; este ten dúas variedades, unha con follas verdes e outra con follas pelos (Rosmarinus tomentosus), a cal se considera subespecie da anterior.

Reprodución

editar

Permite a súa reprodución por gallos, isto é, a partir dun anaco de talo, folla (reprodución asexual) (en xullo ou agosto) ou pola súa sementeira a comezos da primavera (reprodución sexual).

Composición química

editar

Coidados no xardín

editar

A planta do romeu pode chegar a acadar unha altura de ata 2 metros, polo que é necesario podalo con frecuencia. A planta permite o seu cultivo tanto no interior como no exterior. Non sofre nin enfermidades ou pragas.

O seu rego debe ser reducido en período de crecemento. Debe estar en sitios soleados máis protexido do vento. Aguanta temperaturas inferiores ós -10 °C.

Aplicacións terapéuticas e farmacolóxicas

editar

Do romeu empréganse sobre todo as súas follas, e en ocasións, as flores. O romeu é unha planta rica en principios activos.

Co aceite esencial que se extrae directamente das súas follas, prepárase alcol de romeu, o cal se emprega para previr as úlceras. Tamén se emprega para tratar dores reumáticas e lumbalxias. Emprégase en friccións como estimulante do coiro capilar (alopecia).

A infusión das follas de romeu calma a tose e é boa para o fígado e para atallar os espasmos intestinais. Debe tomarse antes ou despois das comidas. O fume do romeu serve como tratamento para a asma. O alcanfor de romeu ten efecto hipertensor (sobe a tensión) e tonifica a circulación sanguínea.

Polas súas propiedades antisépticas, pódese aplicar por decocción sobre chagas e feridas como cicatrizante.

Precaucións

editar

Debe evitarse durante o embarazo e a lactación, e non convén a persoas con gastrite aguda, úlcera gastroduodenal, hepatopatía, epilepsia e a enfermidade de Parkinson.

Efectos secundarios

editar

O aceite esencial pode causar cefalea, espasmos musculares e gastroenterite. A doses altas, o aceite pode dar lugar a convulsións, irritación renal e causar o aborto en caso de embarazo. Non debe aplicarse aceite esencia sobre feridas ou mucosas.

Etnografía

editar

O romeu tiña múltiples usos medicinais na Galiza rural. Empregábase moito para a reuma, a artrite, trastornos do sistema circulatorio, depresión, dores de gorxa etc.

Ademais atribuíanselle propiedades máxicas, por iso é unha das sete herbas máxicas de San Xoán. O romeu é a herba que protexe e purifica os fogares galegos por excelencia, pois elimina os malos espíritos a noite de San Xoán[4].

  1. [1]
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para romeu.
  3. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia.
    X. L. Franco Grande (1972): Diccionario galego-castelán, 2ª ed., Galaxia, Vigo.
    Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo.
  4. Ríos galegos -http://www.rios-galegos.com/plan62.htm

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar