Rock FM
Rock FM é unha cadea de radio española, especializada en música rock, operada por Radio Popular S.A., que comezou as súas emisións como Rock & Gol no 2004. Baseábase en dous piares únicos, a música rock, de tódolos tempos, combinada con programas de tertulias e boletíns cada hora de novas de deportes, até que en 2011 cambiou o seu nome e formato ao actual.
Rock FM | |
---|---|
ROCK FM | |
Localización | Madrid |
Área de radiodifusión | España |
Eslogan | La casa del rock |
Clase | Radiofórmula Música rock |
Indicativo | ROCK FM |
Indicativos anteriores | ROCK&GOL |
Afiliación | Grupo COPE |
Propietario | Radio Popular S.A. |
Estacións irmás | COPE, Cadena 100, MegaStar FM |
Na rede | |
[Rock FM en directo Webcast] | |
rockfm.fm | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O formato musical de Rock FM é coñecido por bloques de unha hora de música sen publicidade durante a radiofórmula, intercalados con descansos publicitarios de 6 minutos entre bloque e bloque.
Pertence ao grupo Radio Popular tamén chamado Grupo COPE, ao que pertencen tamén outras emisoras de radio e televisión: a radio xeneralista COPE e as emisoras de radio Cadena 100 e MegaStar FM.
É a quinta emisora de radio temática máis escoitada de España con 1.107.000 oíntes, segundo o 3ª informe do EXM de 2019.[1] Pódese sintonizar a través da radio FM, TDT, Internet e aplicación para dispositivos móbiles.
Notas
editar- ↑ EGM completo Arquivado 20 de abril de 2017 en Wayback Machine. aimc.es