Rick Barry
Richard Francis Dennis Barry III, nado o 28 de marzo de 1944 en Elizabeth, Nova Jersey, foi un xogador de baloncesto profesional norteamericano, que destacou na década dos 70. Está considerado un dos mellores alas da historia. Xogou como profesional tanto na NBA como na ABA, e é o único xogador da historia que liderou nunha tempada a clasificación de máximos anotadores en ambas as ligas, así como na liga Universitaria NCAA. Foi tamén coñecido polo seu peculiar xeito de lanzar os tiros libres.[1]
Traxectoria deportiva
editarUniversidade
editarBarry xogou coa camiseta dos Hurricanes da Universidade de Miami entre os anos 1963 e 1965. Na súa última tempada como universitario, conseguiu unhas asombrosas estatísticas de 37,4 puntos e 18,3 rebotes, logrando ser o máximo anotador nacional. A súa camiseta é unha das dúas únicas que retirou a súa universidade.
Profesional
editarFoi elixido na cuarta posición da primeira rolda do draft polos San Francisco Warriors. No seu primeiro ano como profesional foi elixido Rookie do ano ao facer de media 25,7 puntos e 10,6 rebotes por partido. No seu segundo ano foi elixido mellor xogador do All-Star Game, e nesa mesma tempada axudou ao seu equipo a chegar ás finais da NBA onde perderon contra os Philadelphia 76ers. Despois desas dúas frutíferas tempadas, e ao non chegar a un acordo económico cos propietarios do equipo, Berry decidiu facer as maletas e irse á liga rival, a ABA, onde os Oakland Oaks ofrecéronlle un contrato máis amplo.
No seu único ano nese equipo conseguiu, promediando máis de 30 puntos por partido, o título de campión da ABA, pero a súa fama de linguateiras, con declaracións máis que polémicas, fixéronlle ser traspasado aos Washington Caps e de aí aos New York Nets. Tras catro anos na liga do balón tricolor, decidiu regresar á NBA ao seu equipo orixinal, xa baixo a denominación de Golden State, cos que conquistou, en 1975, o seu único título da NBA nunha máxica tempada na que acabou como líder na clasificación de tiros libres e roubos de balón. Coa característica que lanzaba os tiros libres desde abaixo, é dicir, que situaba o balón por baixo a súa cintura e logo executaba o lanzamento. Foi nomeado ademais MVP das finais. En 1979 foi traspasado a Houston Rockets a cambio de John Lucas, onde discorrerían os seus dous últimos anos como profesional.
Equipos
editarLogros persoais
editar- Rookie do Ano en 1966.
- MVP das Finais en 1975.
- Líder de anotación da NBA en 1967, con 35,6 puntos por partido.
- Líder de anotación da ABA en 1969, con 34,0 puntos por partido.
- Mellor porcentaxe de tiros libres na NBA en 6 ocasións, e outras 3 na ABA.
- 8 veces All Star (MVP en 1967).
- Elixido no mellor quinteto da NBA en cinco ocasións.
- Nomeado un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" en 1996.
- Membro do Basketball Hall of Fame desde 1987.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina de Rick Barry na web do Hall of Fame
- Ficha de Rick Barry en NBA.com
- Estatísticas de Rick Barry Arquivado 01 de maio de 2012 en Wayback Machine.
- Vídeo de Rick Barry
- Todo sobre Rick Barry Arquivado 16 de marzo de 2009 en Wayback Machine.