[go: up one dir, main page]

Resol

revista galega

Resol foi unha revista literaria editada en Santiago de Compostela entre 1932 e 1936.

Resol
PaísEspaña
LugarSantiago de Compostela
Lingualingua castelá
Fundación1932
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Subtitulada Hojilla volandera del pueblo (Folla voandeira do pobo no último número), en alusión ao seu carácter de prego literario popular, apareceu en maio de 1932. Foi dirixida por Arturo Cuadrado. Aínda que tiña unha periodicidade irregular supuxo unha iniciativa orixinal coa que se pretendía achegar a literatura ao pobo a través da súa distribución gratuíta por rúas e establecementos da cidade; en palabras do seu director, Arturo Cuadrado, "servía para poner el arte al alcance de marineros y campesinos".

O compromiso coa cultura do país levou aos autores da idea, intelectuais de esquerdas adscritos á Universidade de Santiago de Compostela, a crear a libraría Niké, onde os prezos dos libros dependían do poder adquisitivo do lector, e a barraca Resol, que levaba os libros e a arte que naqueles momentos se facía por todas as feiras de Galicia. A publicación contou coa colaboración de destacados escritores como Ánxel Fole, encargado de elaborar o último número, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Ramón Cabanillas, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Fermín Bouza-Brey, ademais doutros moitos poetas da xeración do 27.

Publicou escritos de Juan de Mena, Antonio Machado, Jorge Manrique, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Gerardo Diego, Tareixa de Ávila, Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Luís Pimentel, Antonio Noriega Varela, Ánxel Fole, Rafael Dieste, Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo, Manuel Antonio, Ricardo Carballo Calero, Eugenio Montes, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Fermín Bouza-Brey, Castelao, Carlos Maside etc. Incluía, tamén, traducións de escritores estranxeiros, como Yvan Goll, Rainer Maria Rilke, Paul Verlaine ou Charles Baudelaire; colaboracións en linguas distintas ao galego e ao castelán -que eran as maioritarias-, como o poema "Condamné" de Philippe Soupault ou "Fala do sol" de Teixeira de Pascoaes; ou textos da literatura popular galega.

Imprimíase en papel de cor e constaba de catro páxinas soltas, nas que predominaba a poesía e aparecían, en menor medida, outros xéneros literarios. Cesou co número 10 o 25 de xullo de 1936.

Segunda etapa

editar

Houbo unha segunda etapa desta revista, que reapareceu en Buenos Aires entre o 1 de decembro de 1937 e 1 de xaneiro de 1938 coa cabeceira Resol de Galicia en Buenos Aires. Dirixida por Arturo Cuadrado e Luís Seoane, editou dous únicos números, nos que -ademais dos contidos da súa predecesora- incluíu unha folla complementaria titulada El Bulubú. Suplemento Popular de Resol en Dibujos, onde se reproducen debuxos sobre a sublevación fascista e á Guerra Civil.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar