[go: up one dir, main page]

Qom (en persa: قم Qom.ogg /ɢom/ ) é a capital da provincia iraniana de Qom. No 2005 rexistraba unha poboación de 1.04 millóns de habitantes. Atópase a 140 km ao suroeste de Teherán,[1] na ribeira do río Qom. Qom é considerada cidade santa no islam xiíta, xa que alí sitúase o sepulcro de Fátima al-Masuma, irmá do imán Ali Reza (798-816 d. C.).[2] A cidade é o centro mundial dos estudos islámicos xiítas, e é un destino importante de peregrinación.

Modelo:Xeografía políticaQom
قم (fa) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 34°38′24″N 50°52′35″L / 34.64, 50.8764
EstadoIrán
ProvinciasProvincia de Qom
Condado (pt) TraducirQom County (en) Traducir
District of Iran (en) TraducirCentral District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.201.158 (2016) Editar o valor en Wikidata (9.759,72 hab./km²)
Lingua oficiallingua persa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie123,073 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude935 m Editar o valor en Wikidata
Creación805 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMorteza Saghaeiannejad (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal37100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC+3:30 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico0251 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webqom.ir Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Qom, a capital da provincia de Qom, atópase a 125 quilómetros ao sur de Teherán, nunha chaira baixa. O santuario de Fatimeh Masumeh, a irmá do imán Reza, atópase nesta cidade, que os musulmáns xiítas consideran sagrada. A cidade está situada no límite do deserto central de Irán (Kavir-e Markazi). No censo de 2011, a súa poboación era de 1 074 036, que se repartían en 545 704 homes e 528 332 mulleres.[3]

Qom é un centro focal do xiísmo. Desde a revolución, a poboación clerical aumentou desde uns 25000 clérigos a máis de 45000, e a súa poboación non clerical máis que triplicouse a aproximadamente 700000 persoas. Sumas substanciais de diñeiro en forma de esmolas e impostos islámicos flúen cara a Qom aos dez marjaʿ al-taqlīd ou "fonte de imitación" que alí residen. O número de seminarios islámicos en Qom agora é de máis de cincuenta, e o número de institutos de investigación e bibliotecas é de preto de douscentos cincuenta.

 
Mesquita Jamkaran en Qom

O seu centro teolóxico e o Santuario de Fátima Masumeh son características destacadas de Qom. Outro sitio relixioso moi popular de peregrinación anteriormente fóra da cidade de Qom, pero agora máis ben un suburbio da mesma chámase Jamkaran . A proximidade de Qom a Teherán permitiu que o esentamento clerical teña fácil acceso para monitorear os asuntos e as decisións do estado. Moitos grandes aiatolás posúen oficinas en Teherán e Qom, xa que están próximas, e moitas persoas viaxan entre estas cidades. Tamén próxima, ao sueste de Qom, atópase a antiga cidade de Kashan, na provincia de Esfahan. Tamén ao sur de Qom atópanse as cidades de Delijan, Mahallat, Naraq, Pardisan, Kahak e Jasb. Tamén próximas a Qom encóntranse as poboacións de Tafresh, Saveh e Ashtian e Jafarieh.[4]

Historia

editar

Qom existía xa como asentamento urbano en períodos preislámicos. Descubrimentos arqueolóxicos revelaron que Qom xa tiña residentes desde o V milenio a. C. As reliquias preislámicas atopadas e os textos históricos revélana como unha importante cidade rexional co nome de Kum. Así mesmo, cando os árabes invadiron Irán no século VII d. C., denominárona Qom.

A conquista da zona por parte das forzas árabes islámicas produciuse durante o califato de Umar ibn al-Khattab (581-644 d. C.). A cidade seguiu florecendo durante o período Selxúcida, pero sufriu gran destrución cando Persia foi invadida polos mongois. Con todo, cando a dinastía mongol gobernante, coñecida polo nome de Ilkhɢomanato, se converteu ao islam durante o reinado de Muhammad Khodabandeh, a cidade recibiu unha atención especial e reviviu unha vez máis.

 
Panorámica da cidade
  1. The province Qom yjc.ir Consultado o 9 de decembro de 2020
  2. The biography of Hazrat Ma'sumeh tasnimnews.com Consultado o 9 de decembro de 2020.
  3. "Las Ciudades Más Grandes De Irán". 16 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 
  4. "¿Cuándo comienza la historia del santuario sagrado de Lady Ma'sumah?". 16 de marzo de 2020. Consultado o 16 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

editar