Punjab
Punjab[1] ou Punxab[2] (tamén grafado Penjab - ou Panjâb ou Pendjab) é un amplo territorio habitado tradicionalmente polo pobo punjabi, repartido desde 1947 entre a India e o Paquistán e que abrangue a rexión de Punjab e partes do Territorio da Capital Islamabad e de Azad Caxemira en Paquistán e o estado de Punjab, Chandigarh e partes de Haryana, Himachal Pradesh e Jammu na India.[3][4][5]
ਪੰਜਾਬ (pa) | ||||
Epónimo | cinco e río | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Xeografía | ||||
Superficie | 355.591 km² | |||
Bañado por | Rio Beás (pt) , Rio Chenab (pt) , Rio Jhelum (pt) , Rio Ravi (pt) e Rio Sutlej (pt) | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Nome
editarPanjâb significa «(país dos) cinco ríos» (do persa Panj "cinco", a mesma raíz que se observa no grego penta + ab "agua"), que son: o Beas, o Chenab, o Jhelum, o Ravi e máis o río Sutlej. Os cinco ríos, agora divididos entre a India e o Paquistán, únense para formar o Panjnad, que se une ao Indo.
Desta rexión asiática procede o pobo xitano.
Xeografía
editarA maior parte do Punjab é unha chaira aluvial, que no norte está delimitada por cadeas montañosas. A pesar do seu clima predominantemente seco, é unha rica zona agrícola, mercé as obras de irrigación que posúe, feitas posíbeis grazas aos ríos que a atravesan. As temperaturas do territorio son extremadas ao longo do territorio e oscilan entre -20 °C e 40 °C, pero nos meses do verán poden alcanzarse os 47 °C.
Poboación
editarEn total Paquistán habitan uns 70 millóns de punjabis, maioritarimante musulmáns, e na India viven uns 39 millóns, maioritariamente sikhs e hinduístas.
Notas
editar- ↑ "Entrada punjabi en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2017. Consultado o 14 de marzo de 2017.
- ↑ "Punxab". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1719.
- ↑ The Times Atlas of the World, Concise Edition. Londres: Times Books. 1995. p. 36. ISBN 0 7230 0718 7.
- ↑ Grewal, J S (2004). Historical Geography of the Punjab (PDF). Punjab Research Group, Volume 11, No 1. Journal of Punjab Studies. pp. 4, 7, 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2012.
- ↑ Pritam Singh and Shinder S. Thandi, ed. (1996). Globalisation and the region: explorations in Punjabi identity. Coventry Association for Punjab Studies, Coventry University. p. 361.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Punjab |
A Galipedia ten un portal sobre: India |