Pudin
Un pudin[1] é unha sobremesa doce, de orixe inglesa e consistencia cremosa, elaborada xeralmente con leite, pan esfaragullado, ovos, azucre e froitas ou froitos secos, que se cociña nun molde ao forno ou ao baño maría[2]. Hoxe en día existente en moitas gastronomías, salientado na cociña inglesa e estadounidense, pode tamén estar composto de diferentes ingredientes dependendo da rexión: migallas de pan, biscoito, arroz, sémola etc. aglutinado con ovo e adubado ás veces con crema de ovo ou froitas diversas.
Hoxe en día é común como sobremesa en Galicia.
Etimoloxía
editarA palabra galega pudin procede da inglesa pudding (pronunciada [pudiŋ]), e esta probabelmente da francesa boudin (pronunciada [budε ̃]), que pola súa parte deriva da latina botellus co significado de ¨embutido¨ facendo referencia á forma de envoltorio que teñen os pudins.
Características
editarExisten diferentes variantes do pudin; no seu sentido máis xeral acostuma ser doce (masa, leite, ovo, froitas etc) mais existen variantes salgadas semellantes ás salchichas ou embutidos, incluso de peixe.
Cando se serve como sobremesa adóitase acompañar de nata ou caramelo.
Tipos
editarA meirande parte dos pudins pertencen ás cociñas de orixe anglosaxoa.
Baseados en sobremesas
editar- Pudin de arroz
- Pudin de chocolate
- Pudin de millo ou corn pudding
- Pudin de pan
- Pudin de pan e manteiga
- Pudin de cenoria
- Cheshire pudding
- Clootie dumpling
- Duff
- Figgy duff
- Figgy pudding
- Fruit pudding
- Hasty pudding
- Jam Roly-Poly
- Melkert (pudin de leite condensado que non precisa forno) [3]
- Spotted dick
- Sticky date pudding
- Sticky toffee pudding
- Summer pudding
Baseados en embutidos
editarOutros
editar- Blanc-mange
- Chocolate pudding, versións estadounidense e asiática
- Custard
- Quesada pasiega
- Haupia
- Junket
- Mango pudding
- Pudding Pops
- Tapioca pudding
- Pudding Corn
Notas
editar- ↑ Nome en galego segundo o dicionario da Real Academia Galega a través do Portal das Palabras.
- ↑ Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2013. Consultado o 11 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pudin |