Pouta
Cos nomes de poutas, farpas, gadoupas ou garras coñécense os pés dalgúns animais que teñen as unllas longas, fortes, curvas e aguzadas, así como cada unha destas unllas.[1]
Preséntanas algúns vertebrados, en especial as aves, os réptiles e varias especies dalgunhas ordes de mamíferos, en especial as dos Carnivora, Insectivora, Rodentia, Lagomorpha, Chiroptera e Edentata.
A pouta está adaptada para axudar na captura, permitindo un agarre preciso e firme nos depredadores, e tamén se emprega para a escavar e gabear.
Estudos morfoxenéticos indican que é a forma máis antiga de unlla presente entre os vertebrados, sendo a forma plana típica nos humanos ou os pezuños ou cascos dos artiodáctilos modificacións evolutivas.
Estrutura
editarAs potas constan internamente de dúas capas:
- a subunguis, o tecido interno, cuxo gran é paralelo á dirección de crecemento a partir da matriz ungular, e
- a unguis, un tecido queratinoso e duro formado por fibras cuxo gran corre perpendicular á dirección de crecemento.
Ao crecer a unguis máis velozmente, a pouta afúsase cara ao extremo, adoptando a forma aguda típica.
As poutas nos félidos
editarOs félidos —con algunhas excepcións, especialmente os guepardos (Acinonyx jubatus), o gato de cabeza plana (Prionailurus planiceps) e o gato pescador (Prionailurus viverrinus)— caracterízanse por posuíren poutas retráctiles.
En estado de repouso, as poutas permanecen aloxadas nunha vaíña ou funda de tecido epitelial entre os dedos; a forma das falanxes medial e distal, e a excepcional resistencia do ligamento elástico dorsal, permiten aos félidos moverse con soltura e flexionar libremente a articulación do pulso e os dedos sen que por iso a garra abandone a súa posición de repouso. É necesaria a contracción dos músculos flexor e extensor do antebrazo para producir a extensión da gadoupa, utilizada sobre todo para efectuar a presa sobre as vítimas.
Notas
editar- ↑ pouta Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pouta |
Bibliografía
editar- Alibardi, Lorenzo (2008): "Microscopic analysis of lizard claw morphogenesis and hypothesis on its evolution" Acta Zoologica 89 (2): 169–178. Resumo.
- Gonyea, W. & Ashworth, R. (1975): "The form and function of retractile claws in the Felidae and other representative carnivorans". Journal of Morphology 145 (2): 229-238.