[go: up one dir, main page]

Porto de montaña

Un porto de montaña é unha ruta ou paso para cruzar unha montaña o calquera clase de sistema montañoso; o cume do porto é o lugar de maior altitude sobre o que pasa dito camiño e á vez adoita ser o punto máis baixo de dito sistema montañoso. Os portos de montaña caracterízanse por ter trazados moi sinuosos e pendentes moi pronunciadas ademais da frecuente presenza de neve.

Estrada cruzando o porto de montaña de Arlberg (Austria).

Nos porto de montaña o vento adoita encaixar e adoita ser particularmente forte, o que causa un descenso de altitude nas bandas de vexetación. Por esta causa resultan abundantes en pastos, o que fainos especialmente adecuados para a gandería, en especial se se practica algún modo de trashumancia.

No mundo do ciclismo os portos de montaña son especialmente importantes. Nas competicións ciclistas, os corredores teñen que subir estes pasos no menor tempo posible, polo que a lonxitude e pendente son os factores que determinan a dificultade do porto de montaña. Nas baixadas alcanzan grandes velocidades, o que dota ás etapas de montaña dunha espectacularidade adicional. Os especialistas en subilos chámanse escaladores.