Ponte Vasco da Gama
A Ponte Vasco da Gama é unha ponte pénsil de tirantes sobre o río Texo, na área da Grande Lisboa, ligando o Montixo e Alcochete a Sacavém, moi próximo do Parque das Nacións, onde se realizou a Expo 98. Inaugurada a 4 de abril de 1998, a ponte é a máis longa de Europa e a cuarta máis extensa do mundo, cos seus 17,2 km de lonxitude, dos cales 10 están sobre as augas do esteiro do Texo. O van (lonxitude do taboleiro) do taboleiro central é de 420 metros. Foi construída a fin de constituír unha alternativa á ponte 25 de Abril para o tránsito que circula entre o norte e o sur do país na zona da capital portuguesa.
Ponte Vasco da Gama | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 38°45′44″N 9°02′36″O / 38.762194444444, -9.0433055555556 |
Río | Texo |
Características | |
Construción | 1998 |
Lonxitude | 12,3 km |
Tipo | Alintelado / pénsil |
Material | Formigón armado e aceiro |
Durante a súa construción foi necesario tomar especiais coidados co impacto ambiental, visto que atravesa o Parque Natural do Esteiro do Texo, unha importante área a escala europea de alimentación e aniñadoiro de aves acuáticas. Foi tamén necesario proceder ao realoxamento de 300 familias.
O nome da ponte conmemora os 500 anos da chegada de Vasco da Gama á India, en 1498.
É unha das máis altas construcións de Portugal, con 148 metros de altura.
Galería de imaxes
editar-
Dende a ponte.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Ponte Vasco da Gama |