Polinizador
Un polinizador é un vector animal (axente biótico) que traslada pole da antera (órgano masculino da flor) ao estigma (órgano feminino) permitindo que se efectúe a unión do gameto masculino no gran de pole co gameto feminino do óvulo, proceso coñecido como fertilización ou singamia.
Tipos de polinizadores
editarA vasta maioría dos polinizadores pertence a un do catro grupos maiores de insectos. Estes son: Hymenoptera (abellas, avespas e formigas), Diptera (moscas e mosquitos), Lepidoptera (bolboretas e bolboretas nocturnas ou trazas) e Coleoptera (escaravellos). Algúns insectos pertencentes a outros grupos tamén son polinizadores. Finalmente hai varios paxaros e mamíferos que actúan como polinizadores, especialmente en rexións tropicais e até existe unha especie de lagarta polinizadora*[1].
Hymenoptera
editarAbellas
editarOs polinizadores máis eficientes son as abellas de numerosas especies, en especial a abella melífera ou abella doméstica. As abellas están altamente adaptadas á polinización porque, a diferenza dos seus parentes as avespas que son carnívoras, as abellas son vexetarianas e dependen das flores para alimentar ás súas crías. Á súa vez numerosas flores están adaptadas ás visitas das abellas no seu aroma, cor, deseño etc. É un caso de coevolución.
Son de notar as seguintes adaptacións:
Pelos
editarAs abellas son velludas, con pelos plumosos, non simples; ademais levan carga electrostática. Todo isto contribúe a que o pole se adhira aos seus corpos.
Equipo para colección de pole
editarUnhas poucas especies de abellas máis primitivas carrexan o pole, mesturado con néctar no bocho. Pero as demais abellas ten órganos especializados. A escopa é un cepillo que consiste de abundantes cogomelos longos. Na maioría das especies as scopas están localizados nas patas posteriores, pero nas abellas da familia Megachilidae atópanse na parte ventral do abdome. As abellas domésticas, os abellóns e outras abellas relacionadas a estas, da familia Apidae posúen órganos máis especializados que as scopas, chamados corbículas (ou canastras de pole) nas patas posteriores. Ademais de pole as abellas cultivan néctar, que é un alimento altamente enerxético polo seu contido en azucre. O pole, en cambio é rico en proteínas e unha boa fonte de nutrición para as larvas.
Aparello bucal
editarAs pezas bucais están adaptadas a succionar o néctar, con compoñentes alongados, formando un tubo. Con todo é un tubo moi diferente ao dos lepidópteros. As abellas consideradas máis primitivas teñen unha "lingua" curta e só poden libar néctar de flores con corola aberta. As abellas máis especializadas, da familia Apidae, teñen unha "lingua" longa que chega a partes de flores máis profundas.
Órganos dos sentidos
editarOs órganos visuais e do olfacto das abellas están adaptados a atopar e identificar ás flores polos seus perfumes, cores e deseños. As antenas son órganos olfactorios. Os ollos perciben a luz ultravioleta e moitas flores teñen deseños que só son visibles con este tipo de visión.
A maioría das especies de abellas son solitarias, é dicir, cada femia coida ás súas propias crías. Só unhas poucas especies viven en colonias ou colmeas e teñen numerosas obreiras que comparten as tarefas. Son as abellas eusociais; o mellor exemplo delas é a abella melífera. As abellas eusociais necesitan grandes cantidades de néctar e pole; visitan numerosas flores, por iso son polinizadores moi eficientes. Algunhas especies de abellas poden recadar néctar e pole de gran variedade de flores; outras son bastante específicas nas súas preferencias por pole, son oligolécticas.
Os machos das abellas das orquídeas ou Euglosinas coleccionan aromas florais que usan para atraer ás femias e, desta maneira, polinizan certas especies de orquídeas. As femias deste grupo polinizan outras flores da forma habitual. Outro exemplo de coadaptación especial é o das orquídeas Ophrys de Europa e os machos de certas especies de abellas (ou de avespas). A flor presenta a aparencia e un aroma semellante ás feromonas das femias de tales especies de abellas (mimentismo) e os machos tratan de aparearse con elas.
Avespas
editarA diferenza das abellas, as larvas de avespas aliméntanse principalmente de insectos ou arañas. Con todo os membros deste grupo tamén visitan numerosas flores para libar o néctar polo seu valor enerxético. Este é un grupo con numerosas especies que inclúe ás avespas parasitas e as verdadeiras avespas tales como as das familias Sphecidae e Vespidae.
Algúns exemplos de especializada coadaptación son as avespas que visitan ás orquídeas Ophris, xa mencionadas. Outro exemplo é o das avespas dos figos. Este é un caso moi particular no que a avespa femia penetra o pequeno figo, en cuxo interior se atopan numerosas e diminutas flores. Pon os seus ovos nalgunhas das futuras sementes e visita as outras depositando o pole que trouxo do figo onde naceu.
Formigas
editarAs formigas viven en colonias, é dicir que son insectos sociais; visitan flores frecuentemente e chuchan o néctar. Con todo moi poucas son polinizadoras; as obreiras non teñen ás así que non chegan lonxe e raramente visitan diferentes plantas; só no caso dalgunhas plantas rastreiras, por exemplo Euphorbia, poden efectuar a polinización cruzada.
Díptera
editarHai moitas moscas ou dípteros que son polinizadores, en especial as moscas das flores, da familia Syrphidae. Visitan flores de corola aberta principalmente polo néctar, pero tamén polo pole, especialmente as femias que necesitan proteína para a maduración dos seus ovos. Non están tan ben adaptadas á polinización como as abellas, non son tan vellosas nin teñen órganos para transporte de pole, pero nalgúns casos efectúan a polinización.
As moscas das familias Empididae e Bombyliidae (especialmente estas últimas) teñen unha longa probóscide que lles permite chegar ao néctar de flores tubulares, profundas e son polinizadores importantes de tales flores.
Certas plantas están exclusivamente adaptadas á polinización por moscas. Atráenas con engano, teñen cheiros e cor e aparencia de carne podrecida e as moscas preeiras ou moscas da carne depositan os seus ovos alí. Outras flores cheiran como fungos e atraen a outro tipo de moscas. As flores do cacao son polinizadas por unhas pequenas moscas da familia Ceratopogonidae.
Lepidoptera
editarMoitos lepidópteros, ou sexa as bolboretas, bolboretas nocturnas e trazas, tamén son polinizadores. En xeral, as flores polinizadas por lepidópteros son tubulares, adaptadas ao aparello bucal das mesmas. Os seus órganos bucais forman un longo tubo especializado para libar o néctar das flores, os adultos non poden comer sólidos. Só unhas poucas especies de bolboretas poden tamén alimentarse con pole, e iso soamente despois de disolver os seus nutrientes co néctar e absorbelos como líquidos. Algunhas bolboretas diúrnas polinizan flores de plantas tales como o chuchamel (Lonicera) e as lilas (Syringa).
As bolboretas nocturnas polinizan flores que se abren de noite ou á tardiña ou amencer como algunhas das familias Convolvulaceae e Caryophyllaceae. As familias de bolboretas nocturnas Noctuidae, Geometridae e Sphingidae conteñen moitas especies de polinizadores.
Un caso interesante de polinización por trazas é o da iuca e da traza Tegeticula da familia Prodoxidae. As iucas son polinizadas especificamente por especies destas avelaíñas que depositan os seus ovos no ovario da flor e logo visitan o pistilo e depositan pole, asegurando así a formación de sementes que alimentarán ás súas crías.
Coleoptera
editarOs escaravellos están menos adaptados á polinización ca outros insectos, as súas pezas bucais son mastigatorias e non son axeitadas para libar néctar. Con todo son importantes polinizadores de certas plantas, especialmente en rexións tropicais ou de climas áridos e cálidos. Ás veces causan considerable dano ás flores cando as visitan. Os óvulos de flores polinizadas por escaravellos están ben protexidos. É posible que algúns dos primeiros polinizadores, cando se desenvolveu por primeira vez esta relación, fosen escaravellos. Algunhas plantas como as papoulas, magnolias, nenúfares etc. son polinizadas por escaravellos.
Outros insectos
editarOutros grupos de insectos, por exemplo Thysanoptera, tamén polinizan flores, pero fano moi raramente.
Aves
editarEntre os paxaros, os polinizadores máis comúns, especialmente na América tropical, son os colibrís ou picaflores cuxos picos e linguas están adaptados a beber o néctar de flores tubulares ou en forma de trompeta.
Os melífagos de Australia e Nova Zelandia e os paxaros sol de África tamén son polinizadores.
Mamíferos
editarOs morcegos son polinizadores dun número de flores que se abren de noite, teñen un forte aroma e producen abondoso néctar, por exemplo moitos tipos de cactus, o pau bébedo e outras. Algúns outros vertebrados, tales como lémures, monos e algúns roedores visitan flores e efectúan a polinización.
Síndromes florais
editar- Artigo principal: Síndrome floral.
É posible agrupar a diversas flores en síndromes florais segundo a súa estrutura e segundo o tipo de polinizadores de que se serven.
Galería de Polinizadores
editar-
Abella Halictidae Halictus sp.
-
Abella Megachilidae Anthidium florentinum.
-
Avespa oleira ou Eumeninae.
-
Colibri thalassinus, Panamá.
-
Escaravello Asclera ruficollis en bloodroot.
-
Esfíngida Hyles lineata.
-
Bolboreta Papilio glaucus.
-
Mosca Syrphidae, Eristalis arbustorum en margarida.
-
Mosca da familia Bombyliidae Vila sp.
-
Paxaro do sol Nectarinia cuprea femia, Uganda.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barth, F. (1985) Insects and Flowers. The Biology of a Partnership. Princeton University Press. Princeton, NJ. ISBN 0-691-08368-1 (En inglés)
- Faegri, K. e L van der Pijl (1979) The principles of pollination ecology. Pergamon Press: Oxford. ISBN 0-08-021338-3 (En inglés)
- Meeuse, B. & Morris, S. (1984) The Sex Life of Flowers. The Rainbird Publishing Group ltd. Londres. ISBN 0-87196-907-6 (En inglés)
- Proctor, M., Yeo, P. & Lack, A. (1996). The Natural History of Pollination. Timber Press, Portland, OR. ISBN 0-88192-352-4 (En inglés)
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Polinizadores coevolución Arquivado 11 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)
- Polinizadores de Suramérica austral[Ligazón morta] (en castelán)
- Lagarta balear (en castelán)